O CONCELLO DE FRADES CONVOCA BOLSAS DE TRANSPORTE ESCOLAR
PARA ALUMNOS DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL
A subvención acadará os
200 euros por alumno e o prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de
maio
30 de abril de 2012.- O Concello de Frades convoca unha subvención
para transporte escolar para o curso académico 2011-2012 dirixida a alumnos de
Bacharelato e Formación Profesional. Unhas axudas que acadarán os 200 euros por
alumno e curso, e cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 25 de maio
Poderán solicitar estas subvencións aqueles alumnos que estén empadroados
no Concello de Frades, que cursen estudos de Bacharelato ou Formación
Profesional e cuxas familias estén ao día no pago das obrigas tributarias co
Concello. Unha vez cumpridos estes requisitos, o reparto das subvencións
realizarase atendendo unicamente ao criterio económico, de xeito que só se
concederán subvencións a aqueles estudiantes máis necesitados e cos ingresos
per cápita máis baixos.
As solicitudes deberán presentarse nos Servizos Sociais do Concello de
Frades antes do 25 de maio. A documentación precisa é: copia do DNI do alumno e
do pai, nai ou titor; resgardo da matrícula do centro no que está a realizar o
presente curso escolar e xustificantes dos ingresos dos membros da unidade
familiar do ano 2012 (declaración da renda, nóminas, pensións, certificacións
de ser demandante de emprego...). Máis información nos Servizos Sociais
municipais ou no teléfono 981695567.
Ningún comentario:
Publicar un comentario