A Xefatura Territorial de Pontevedra comprométese co
Concello de Silleda á realización das Sendas de Manduas
“Dende o Concello de Silleda, seguimos traballando para que as sendas se realicen canto antes, e de non acometerse nun tempo prudencial, levarase a cabo a medida anunciada a pasada semana” di o Primeiro Teniente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña
Silleda, 30 de abril de 2012. A Xefatura Territorial de Pontevedra, da
Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, púxose hoxe en
contacto co Concello de Silleda para informar de que levará a cabo as obras das
sendas de Manduas, e que o permiso concedido a semana pasada se tratou dun erro
administrativo.
A
xefatura comunicou que o neste momento están ultimando o proxecto das sendas,
que non inclúe, como contemplaba o proxecto inicial, a mellora da estrada, ante
o que, unha vez máis, o executivo local informou da extrema urxencia desta
obra.
Dende o Concello de Silleda estaba
prevista unha senda de lastre pola marxe esquerda da vía que conecta Bandeira
con Merza, e que conduce á igrexa de Manduas, tal e como se informou a pasada
semana. Ante a nova posibilidade, a Xefatura Territorial foi informada da
urxente necesidade de solucionar este problema, onde se están a arriscar vidas
humanas, e ante esta consideración, o goberno autonómico comprometeuse á
realización das obras no prazo máis curto posible.
O Primeiro Tenente de Alcalde e
Concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, informa que se levará a cabo o
devandito proxecto agardando que esté rematado canto antes. “Esperamos que
desta vez, por fin si sexa certo, e imos agardar un tempo prudencial; de non
realizarse pronto, faremos, como dixemos, unha senda só a un lado, xa que non podemos agardar moito
más tempo mentres as vidas dos veciños están en risco”.
Autorización da
Xunta
A pasada semana a Xunta de Galicia concedeu a licenza ao Concello de Silleda para a execución de obras no lateral esquerdo da PO204 que consistían na dotación dunha capa de lastre dende o km 0.800 ata o km 1.200; un tramo de 400 m.
Cabe lembrar, que esta é unha estrada autonómica, polo que o concello non pode acometer ningún tipo de obra se non é co permiso da Xunta de Galicia.
Problemática da vía
Esta estrada, que non ten beiravías, vai ata a igrexa parroquial de Santirso de Manduas e por ela circulan a pé numerosas persoas. A diario, tamén circulan camións de gran tonelaxe, posto que é a vía que da servizo ás dúas canteiras que hai pola zona. Cando dous destes camións se cruzan, debido ao estreita que é a estrada, deben pisar fóra do asfaltado, por onde circulan peóns que se ven obrigados a botarse bruscamente a un lado, para non ser atropelados, polo que circular por esta carretera supón un risco continuo para os seus usuarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario