“BAR TAPAS” GAÑA A TERCEIRA EDICIÓN DO
CONCURSO DE TAPAS DE OROSO, NA QUE SE DEGUSTARON DE BALDE MÁIS DE 2.000 RACIÓNS
Os premios serán entregados o vindeiro venres 11 de
maio, coincidindo co inicio da Festa da Troita
30 de abril de 2012.- O “Bar
Tapas” (Sigüeiro), coa súa proposta “Tosta de Carne”, foi o gañador da III
edición do concurso de tapas, celebrado os días 14, 15, 21 e 22 de abril en
Oroso. Así o decidiron as 223 persoas que exerceron o seu dereito ao voto
durante eses catro días e cuxos sufraxios foron contabilizados na noite do
venres no centro cultural de Sigüeiro. Un reconto ao que asistiron
representantes dos locais participantes, que entregaron cadansúa urna selada
para que se realizase o correspondente reconto.
Foi o reconto máis axustado destas tres edicións, pois o “Bar Tapas”
(Sigüeiro) conseguíu un total de 37 votos, tan só dous máis que o segundo
clasificado “Adega O Ribeiro” (Sigüeiro), vencedor nas dúas edicións
anteriores. Os propietarios do “Bar Tapas” serán premiados con 150 euros e
diploma acreditativo, que serán entregados o vindeiro 11 de maio, ás 19:00
horas, no centro cultural de Sigüeiro coincidindo co inicio da Festa da Troita.
No terceiro lugar do pódium rexistrouxe un empate a 26 votos entre o “Bas Stop”
(Oroso) e o “Restaurante Cortés” (Sigüeiro).
Gran participación
Os 19 hosteleiros participantes amosáronse moi satisfeitos co
desenvolvemento do concurso, pois se rexistrou unha maior participación que o
ano pasado. De feito, simplemente atendendo ás bases do concurso, eses 223
votos válidos supoñen que neses catro días cando menos se degustaron 2.007
tapas en Oroso (xa participar no sorteo había que presentar o cupón con 9 selos
de 9 establecementos distintos). Isto supón 45 consumicións máis que o ano pasado.
Ademais, os establecementos participantes destacaron que, a pesares da
choiva, rexistraron máis clientes que na pasada edición. Iso sí, coinciden en
destacar un cambio positivo: o cliente deste ano acudiu a cada local de acordo
aos seus gustos grazas ao pequeno folleto informativo editado polo Concello de
Oroso que, ademais de incluir o cartón para votar á mellor tapa, recolle as
propostas de cada establecemento para cada un dos catro días do concurso.
Premiados
Ademais do reconto, tamén se realizou o sorteo dunha fin de semana en
réxime de pensión completa no Hotel Balneario Compostela (Brión) entre os 223
participantes. A gañadora foi Mari Carmen García Carnota, veciña de Sigüeiro.
Os gañadores das botellas de MagnumViño Lan foron:
-
Marcelino Romero
Crujeiras (Sigüeiro)
-
Isolina
Paderne Carrillo (Oroso)
-
Ricardo Pasín
Regueiro (Sigüeiro)
-
Fernando
Piñeiro Costas (Meis)
-
Elena
Barreiro Ferreiro (Senra, Oroso)
-
Marcos Otero
Bouzón ( A Gándara)
Finalmente, os gañadores dos descontos nas tendas a Asociación de
Comerciante e Empresarios de Sigüeiro (ACES) foron:
-
Sonia
Villaverde Meijide (Deixebre), 30% de desconto en Martirio
-
Francisco
Dínguez Noya (Santiago), vale desconto en Mayka Perfumeria
-
Víctor M.
Sánchez Mariño (Trazo), vale desconto do 15% en Zapateria Rial
-
José M.
Castro Calvo (Oroso), vale de desconto do 15% en Zapateria Rial
-
Belén Lagares
Gómez (Sigüeiro), vale de compra por valor de 25€ na Merceria María
-
Eduardo
Veiras Rey (Senra), vale desconto do 20% en Xoiería Taaroa
-
José Garaboa
Barreiro (Senra), vale desconto do 20% en Xoiería Taaroa
-
Óscar Maroño
Couselo (Santiago), vale desconto en Floristería D Capricho
-
Eva Parada
Pantín (Sigüeiro), vale desconto na Tenda de Soledad
-
Luis Rey
Canda (Oroso), vale desconto do 15 % na
Clínica Andarela
-
Mayte Márquez
Neira (Sigüeiro), vale desconto en Confecciones Primitiva
-
Juan Pablo
Francos Castromil (Santiago), vale desconto en Optica Neovisión
Os 19 establecementos que participaron nesta terceira edición foron:
Cervexería O Xesto, Adega O Ribeiro, O Café de Manuela, X Que No?, Bar Tapas,
Pizzeria Hassan, Pulpería Carballal, Hostal Mirás, Mesón Tambre, O Rodeo e
Restaurante Cortés, todos eles de Sigüeiro. Ademais, tamén concursarán o Bar O
Zapateiro (de Senra), o Restaurante Viuda de Blanco (Senra), o Bar Stop
(Oroso), o Restaurante Liñares (Vilacide-Oroso), o Restaurante Lar Blanco
(Gándara), A Falmega (Gándara), Bar Fernández (Vilarromariz) e Nova Xeira (LG.
Sigüeiro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario