A
biblioteca municipal organiza novas sesións de contacontos
durante o
mes de maio
Estas actividades,
que
están dirixidas aos rapaces e rapazas de 3 a 8 anos, terán o
seu
escenario nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así
como
nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido.
Os contos non se
centrarán nunha única temática senón que durante cada
trimestre
abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos
de
interese e de actualidade na formación emotiva, artística e
formal
dos máis cativos.
Durante este
trimestre
do curso a temática das sesións de contos xirará arredor dos
contos do mundo.
Ames, 1 de maio de
2012. "Conto, contiño...", baixo este lema a
Biblioteca municipal organizou novas sesións de contacontos para
este mes de maio. Estas actividades, que están dirixidas aos
rapaces
e rapazas de 3 a 8 anos, terán o seu escenario nas bibliotecas
de
Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de
Aguapesada e Bugallido. Os contos non se centrarán nunha única
temática senón que durante cada trimestre abordarase un tema
distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de
actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis
cativos. Durante este trimestre do curso a temática das sesións
de
contos xirará arredor dos contos do mundo.
Detrás
de cada libro agóchase un mundo por descubrir, historias que
gozar,
personaxes que coñecer. As actividades de animación á lectura
que
ofrece a Biblioteca municipal amósanlles aos cativos e cativas,
mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros.
Para
un mellor funcionamento, as actividades están adaptadas ás
idades
dos nenos e nenas. Así, as sesións de contacontos están
dirixidas
especialmente aos cativos de entre 3 e 8 anos.
Durante
este curso os contos non se centran nunha única temática senón
que
durante cada trimestre abordarase un tema distinto, sempre
relacionado con aspectos de interese e de actualidade na
formación
emotiva, artística e formal dos máis cativos. Este trimestre a
temática das sesións de contos xira arredor dos contos do mundo.
A
mascota da Biblioteca municipal Lepi estivo
viaxando durante os últimos meses por diferentes países do
mundo e
agora contaralle aos nenos e nenas de Ames todos aqueles
contos que
aprendeu nas súas viaxes.
Estas actividades, como todas as demais que organiza a Biblioteca municipal teñen uns obxectivos claros: fomentar o hábito da lectura, especialmente entre os máis novos, e converter a biblioteca nun referente de encontro nun lugar axeitado para satisfacer as necesidades e inquietudes sociais, culturais, informativas e lúdicas da poboación amiense.
Estas actividades desenvolveranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. A cita cos contos comeza esta semana nas bibliotecas municipais. Así, o mércores 2 de maio, ás 18:00 h, tócalle a quenda á Biblioteca do Milladoiro, e o xoves 3, á mesma hora, á Biblioteca de Bertamiráns. O luns 14 de maio os contos chegarán ao local social de Augapesada e o día 15, ao local social de Bugallido, mentres que o mércores 16 volve a tocarlle a vez á biblioteca de Bertamiráns. Todas as sesión de contacontos realizaranse ás 18:00 horas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario