O concelleiro de Benestar social, Nicolás González Casares, e a concelleira de Educación, Katia Procino, asinaron onte no concello, xunto coas direccións dos centros educativos do municipio, un Protocolo de Coordinación que ten como fin principal establecer as canles de comunicación e de actuación necesarias entre as instancias educativas e municipais co propósito de arbitrar as medidas oportunas para previr e/ou erradicar diferentes situacións problemáticas (absentismo escolar, signos de desadaptación escolar e social, hábitos non saudables...), e garantir o benestar e o desenvolvemento integral dos menores do noso concello.
Esta coordinación xa se ven mantendo dende o ano 2010, data na que asinou por primeira vez, incorporándose en esta ocasión a colaboración e intervención da policía local en situacións puntuais que requiran dunha actuación específica pola súa parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario