Oroso - Presentación do Depor Campus

O centro cultural de Sigüeiro acollerá hoxe xoves 3 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do Dépor Campus, unha iniciativa organizada polo RC Deportivo e o Concello de Oroso dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Un campus que chega por primeira vez a Oroso e que terá lugar entre o 28 e o 31 de decembro.

O Dépor Campus será presentado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, que estarán acompañados polos tres representantes do RC Deportivo da Coruña: José Barcala, director de Metodoloxía e Planificación; José Luís Devesa, director de Captación de Xogadores; e Carlos Ballesta, responsable da Área Captación de Xogadores.

Ningún comentario: