O Concello de Melide está a executar actualmente dous proxectos de obra que levan aparellado o arranxo de 13 rúas no casco urbano da vila.
O total de investimento do proxecto Rúa Circunvalación Campo da feira é de 138.774,46 € que implica o arranxo de cinco rúas en pleno casco urbano como son a circunvalación campo da feira, a rúa almirante Brown, rúa mestre Nilo Cea Rodríguez, a rúa San Cosme e a rúa Eduardo M Tuner.
No rural contemplase dentro deste proxecto a pista dende a AC840-Castiñeiroa (Xubial) e a pista N547 – O Leboreiro cun orzamento total de 22.597,71 €. Pola súa banda, o outro proxecto “Pavimentación da Rúa Martagona e outras” contempla a execución de sete rúas no casco urbano cun investimento total de 102.321, 63 € e inclúe: a Rúa Martagona, a Rúa Curros Enríquez, a Rúa Vista Alegre, a Rúa Juan XXIII, Rúa Pastor Barral, a rúa Alcalde Manuel Salgado, a rúa alcalde Antonio Ron Varela e o acceso á area recreativa do Río de Furelos.
Todas esas son actuacións que se están a executar neste mesmo momento e que prevé que melloren substancialmente o firme destas rúas no casco urbano en zonas moi demandadas polos veciños e veciñas de Melide.

Ningún comentario:
Publicar un comentario