O grupo municipal do BNG de Touro vén de rexistrar sendas propostas para incluÍr no Plan de cooperación de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2016 que destina ao concello de Touro 273.970,15 € e no Plan provincial de Acción Social (PAS) aprobado pola Deputación que ten como finalidade cooperar cos concellos na realización de investimentos “financeiramente sostibles” e que teñan na súa maior parte un “carácter social” e que destina ao concello 373.595,65 €.
En concreto o BNG propón unha ampliación da ponte -no denominado rego do Burgo- na estrada entre as parroquias de Loxo e Bama que percorre polo Monte Picón e unha mellora na sinalización do concello no que se refire ao plan POS.
Dentro do plan de Acción Social, proponse a mellora na iluminación pública que debe incluír un plan de substitución das lámpadas actuais das luminarias públicas por outras de baixo consumo ( programa 161); levar a cabo un proxecto de sinalización da microtoponimia nas rutas de sendeirismo do Concello (programa 432); e a creación dunha liña de bus interparroquial que comunique as parroquias co núcleo de Fonte Díaz (programa 441) que facilite, sobre todo ás persoas maiores, o seu desprazamento a este núcleo onde se atopan todos os servizos do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario