Negreira - O novo goberno reunirase con empresas para establecer un plan de pagos

O Goberno Municipal manterá os vindeiros días sendas reunións con empresas de servizos para acometer e acordar plans de pagos antes as importantes débedas que o Concello ten con elas.

Despois de pedir informes ao Departamento de Intervención e Tesourería e unha vez que os temos enriba da mesa o Goberno Municipal acordou manter reunións coas empresas de telefonía e subministro eléctrico para intentar acordar un plan de pagos e así ir rebaixando a débeda que a data de hoxe o Concello ten comprometida.

No que respecta á compañía que subministra tanto telefonía como datos a toda a administración municipal a cifra que temos de impagos ascende a 6.631,02 euros. Cantidade nada menor e que ven arrastrando facturas dende outubro de 2014.

Co representante desta empresa manterá o Alcalde unha reunión o mércores 1 de xullo ás 9 da mañan.

Reunión na que se abordará a mellor forma, sen castigar mais aínda as contas municipais, de por en marcha para poñer ao día a débeda que temos ao día dehoxe.

Respecto a compañía eléctrica coa que comercializa o Concello de Negreira a cifra total das facturas que están sen pagar, e a maior parte inclusive sen aprobar, é a de 210.081,88 euros.

Cantidade que non se comprende máximo cando durante os catro anos pasados o goberno saínte cansouse de vender os seus marabillosos logros en materia de aforro enerxético. Logros que agora vemos non son tales.

Nos vindeiros días e unha vez nos poñamos en contacto coa empresa eléctrica en cuestión concertaremos unha entrevista para ir baixando a cifra de débeda que temos na actualidade.

Así mesmo faremos o mesmo con outras empresas locais e non locais, empresas que estes primeiros días se acercan ata as oficinas municipais para interesarse polas facturas que teñen pendentes, e que non son poucas.

Ningún comentario: