A corporación teense reúnese este luns 6 de xullo en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.
Os asuntos centrais deste pleno serán os relacionados coa xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Teo. Nesta sesión votaranse tres propostas de resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal que regula a taxa por abastecemento e depuración, da memoria para a xestión directa do servizo e da modificación do anexo de persoal.
No pleno de marzo aprobáronse os tres acordos e no período de exposición pública a empresa Viaqua e traballadores da mesma firma presentaron alegacións contra estes acordos. Na proposta da alcaldía que se votará o luns deféndese o rexeitamento das alegacións, baseándose en razoamentos técnicos. No caso de quedar rexeitadas as alegacións a memoria para a xestión directa, a ordenanza e a modificación do cadro de persoal quedarían aprobadas definitivamente e pecharíase deste xeito o proceso administrativo de municipalización da auga en Teo.
A orde do día ten os seguintes puntos:
Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais.
Dar conta da composición das comisións informativas.
Proposta da alcaldía sobre creación da Xunta de Portavoces.
Proposta da alcaldía de nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
Ditame da proposta da alcaldía de resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración.
Ditame da proposta da alcaldía sobre resolución de reclamacións e aprobación definitiva da memoria para a xestión directa do servizo de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración.
Ditame da proposta da alcaldía de resolución de reclamación e aprobación definitiva da modificación do anexo de persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario