O ENTROIDO CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA EN BAMONDE E RECESENDE
Os atranques serán no campo da festa de cada unha das parroquias á última hora da tarde
O entroido de Cacheiras volverá a saír o 24 de febreiro, xa que tivo que anularse polo mal tempo o pasado domingo
As parroquias de Bamonde e Recesende continúan celebrando o entroido esta próxima fin de semana no Concello de Teo. O pasado día 9 saían en Teo e en Cacheiras mentras que o domingo tivo que suspenderse en Cacheiras polo mal tempo. Nesta última parroquia acordaron volver a saír o 24 de febreiro se o tempo acompaña, data na que farán os atranques.
En Bamonde toman o relevo o sábado 16 dende e comezarán no campo da festa ó medio día. Dende alí visitarán o Coto, achegaranse a Outeiro, que pertence á parroquia de Oza, volverán a Tribaldes, Lamas e xuntaranse de novo no campo da festa. Segundo nos explican dende a organización a cabalo irán dous xenerais e un correo e daranse dous atranques en torno ás 19:30 horas.
Os coros de nenos e adultos estarán formados por máis de trinta persoas e haberá ambientación con carrozas. A comisión de festas, que volve a funcionar despois de anos sen actividade tamén ten previsto abrir a cantina, como un xeito de recadar fondos para preparar outras festas que se recuperarán este ano na parroquia. Concretamente as festas de San Xurxo, os días 27 e 28 de abril que levan case dez anos sen celebrarse.
En Recesende celébrase o entroido o domingo 17 coa participación de dez persoas a cabalo, seis xenerais e catro correos e un coro de máis de 40 persoas. Comezarán xuntándose no campo da festa sobre as 11:30 horas. E percorrerán a parroquia pasando por Casaldomiro, achegaránse á zona do instituto, para ir cara o Casal, Seoane e facer unha parada na Pedra para comer. Dende alí retomarán o camiño pola carretera general e farán paradas no Viñedo e no Sauce, volverán cara a Pedra, Tarrío, Vilanova e volta ó campo da festa. Alí sobre as 19:00 horas darán os atranques. As coordenadas do GPS do campo da festa son as seguintes: 42º 48´48.2´´/8º 33´36.4´´.


Ningún comentario:
Publicar un comentario