Ordes - continuan as obras no edificio do concello con total normalidade


As obras do antigo consistorio de Ordes continúan executándose con normalidade e ininterrumpidamente 
As obras do antigo consistorio de Ordes continúan executándose con normalidade e de xeito continuado tras a instalación do estibado que, dende hai xa máis dunha semana, se instalaou nas prantas superiores do inmoble. O mes pasado o equipo de goberno saliu ao paso de falsas acusacións por parte de membros da oposición que aseguraban da paralización deste proxecto por mor dunha débeda contraída coa empresa constructora. 

Tal e como explicou a tenente alcalde Silvia Marín no último pleno “non existe tal débeda e o motivo da retirada dos andamios debeuse a unha petición por parte da constructora á empresa que os colocou”. Un argumento que os membros da oposición poideron corroborar a través do burofax que se enviou con tal requerimento, e que Marín amosou na sesión plenaria a todos os que llo solicitaron. 

Ningún comentario: