Silleda roubo de cable de cobre en Área 33

Rouban 1.800 metros de cable do alumeado público en Área 33 
-Operarios do servizo municipal de Electricidade descubriron esta mañá as caixas das farolas abertas. 

-Os efectivos da Policía Local revisarán as grabacións das cámaras de videovixiancia dos últimos días para detectar posibles vehículos sospeitosos 

-O alumeado público aínda non entrara en funcionamento nesta zona, ao igual que acontecía coa de Chousa Nova, na Bandeira, onde tamén se roubou o cableado de todo o tramo en setembro do pasado ano 

Os operarios do servizo municipal de Electricidade de Silleda descubriron esta mañá outro caso de roubo de cableado no alumeado público, presuntamente para facerse co cobre do interior. En concreto, a sustracción tivo lugar nunha das rúas do parque empresarial Área 33, xunto á saída na que está situado o Parque Intercomarcal de Bombeiros de Deza-Tabeirós-Montes. 

Logo das comprobacións realizadas polos empregados municipais, ao ver que a caixa dunha das farolas estaba aberta, realizaron unha inspección da zona e descubriron que faltaban un total de 12 tramos. Esto suporía a falla de 1.800 metros de cableado, tendo en conta a distancia entre cada un dos báculos. 

Dende o goberno local, o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, informa que o vindeiro luns interporá a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Do mesmo xeito, Cuíña sinala que se revisarán tamén as imaxes das gravacións das cámaras de videovixiancia do polígono. “Aínda que na zona xusto onde se produciu o roubo non hai dispositivos de grabación, teremos que revisar as dos últimos días por se aparecese algún vehículo que puidera ser identificado como posible sospeitoso”, sinala o concelleiro. O roubo afectou ás dúas marxes do vial, que da acceso á N-525 (Santiago-Ourense). 

Efectivos da Policía Local achegaronse esta mesma mañá ata o lugar para levantar acta e realizar o correspondente informe dos danos. 

Este tramo do alumeado non estaba en funcionamento xa que quedou pendente de conectar á ampliación do polígono empresarial que está próxima. 

O segundo caso 
Este é o segundo caso de roubo de cableado rexistrado nos últimos meses, logo de que o pasado mes de setembro se producirá un roubo similar na rúa da Chousa Nova, na Bandeira. Daquela os danos valoraranse entre 5.000 e 6.000 euros. 

“Esperamos que estes feitos non se volvan a repetir, porque a parte do roubo en sí, situacións como esta afectan e moito á prestación de servizos públicos”, engade Cuíña, que lamenta que de novo os ladróns volverán a cebarse co alumeado público. 

Ningún comentario: