As novas tecnoloxías centran unha vez máis a oferta formativa do Concello de Brión para os meses de febreiro e marzo. Así, a aula CEMIT de Brión acollerá dous obradoiros de Excel e un curso de iniciación á informática no que poderán participar ata un máximo de 36 alumnos, tendo preferencia os veciños e veciñas de Brión.
O Concello de Brión oferta o curso de Excel en dous horarios: de mañá (de 10:30 a 12:30 horas , todos os martes, mércores e venres entre o 19 de febreiro e o 10 de abril) e de tarde (de 20:00 a 22:00 horas, todos os luns, mércores e venres do 18 de febreiro ao 5 de abril). En ambos casos o prezo de inscrición é de 50 euros. As anotacións deberán realizarse na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 50 99 08 ou a través do mail voluntariado@briondixital.org antes deste xoves 14 de febreiro.
Por outra banda, o curso de iniciación á informática terá lugar os mércores e xoves entre o 5 de marzo e o 9 de abril, en horario de 20:00 a 22:00 horas. O custe é de 30 euros e o prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario