Melide - o concello ten o día as contas ata o 4 de febreiro de este mesmo mes

O Concello de Melide ten ao día as súa contas ata o 4 de febreiro de 2013
O día 7 de febreiro de 2013 en Xunta de Goberno Local foron aprobadas 80.210,95 € de facturación pertencente a este ano 2013. 
Recoñeceuse por outra banda, un total de 37.913,86 € de recoñecemento extraxudicial de credito. 

O pasado xoves aprobouse en XGL o pagamento dun total de 80.210,95 € correspondentes a facturas deste ano 2013, das que se procedeu ao pagamento ata a data de 4 de febreiro. Esta é unha mostra de eficacia e da austeridade practicada deste equipo de goberno o que supón cumplir con todos os requerimentos da lei. Ademais, segundo o informe de intervención e secretaria que foi presentado, dende o ultimo trimestre de 2012 dase cumplimento a lei de loita contra a morosidade.

De feito o periodo medio de pago aos acredores da administración local mellora sensiblemente con respecto ao 3º trimestre do ano 2012, que se situa nunha media de 28,73 días neste 4º trimestre sendo o do 3º de 29,54 días. Esta é unha proba máis de eficacia da xestión económica deste goberno local, xa que o Concello de Melide estaría a cumplir xa no último semestre do 2012 co periodo medio de pago establecido na lei de contratos do sector público que é de 30 días a partir do 1 de xaneiro de 2013.

Ningún comentario: