As Cancelas - mañán sábado o autobús gratuito pasará por Portosín, Noia e Milladoiro

O autobús gratuíto de As Cancelas pasará este sábado por Portosín, Noia e Milladoiro 
• O autobús iniciará a súa ruta en Portosín, ás 10 da mañá, e terá paradas en Noia e Milladoiro
• Os pasaxeiros poderán gozar dun día de compras e ocio e terán descontos nos restaurantes do centro comercial

Ás Cancelas convida de novo este sábado aos veciños dos arredores de de Santiago que aínda non coñecen o centro comercial a pasar un agradable día de compras e ocio. O próximo sábado, 16 de febreiro, os veciños de Portosín, Noia e Milladoiro dispoñerán dun autobús que lles levará gratis ata o centro comercial. O autobús sairá ás 10 da mañá de Portosín (a parada estará situada no Porto) e deterase a recoller pasaxeiros en Noia (10.30, na estación de autobuses) e Milladoiro (ás 11.15 na parada que hai fronte ao supermercado El Árbol). 

Os pasaxeiros poderán encher unha tarxeta que lles dará dereito a obter descontos e ofertas en establecementos de restauración e cafetarías da planta alta Das cancelas. Os visitantes poderán coñecer as tendas e locais do centro comercial, aproveitar os últimos días de rebaixas e coñecer as novas tendencias da tempada de primavera. Ás 18.00 horas, o autobús sairá do centro comercial para comezar a ruta de volta, coas mesmas paradas. 

Ás Cancelas, o novo referente de ocio e comercio en Santiago e a súa área, conta con máis de 50.000 metros cadrados distribuídos en tres plantas. Na planta baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio. A primeira planta alberga firmas de moda e complementos e na segunda encóntranse oito salas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais de ocio e restauración. Ás Cancelas dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano chegan ata o centro: a C2, a C4 e a C11.

Ningún comentario: