Santiago - nota informativa sobre a actuación do SVA no concello

O Concello de Santiago comunica o seguinte: 

1- Confírmase que a Policía Aduaneira estivo no Concello e requiriu información nos departamentos de Contratación, Informática, Tráfico e Secretaría. Esta foi achegada inmediatamente por todos os departamentos requiridos coa máxima colaboración e transparencia. 
2- Así mesmo, recíbense tres oficios nos que se pide información sobre varios expedientes. Deuse traslado inmediato dos mesmos. Non obstante, non se pode informar máis a este respecto por estar baixo segredo de sumario. 

3- Desde o Goberno municipal maniféstase a máxima colaboración coa xustiza en aras de esclarecer todos os feitos. En canto se teña nova información poñerase en coñecemento de todos os medios de comunicación. 

4- Tamén se confirma que o concelleiro de Tráfico se atopa en Lugo, onde prestará declaración a primeira hora da tarde. Mentres tanto, o alcalde asume as súas competencias. 

5- O alcalde asume a súa responsabilidade, así como o equipo de goberno, de seguir gobernando e garantindo a gobernabilidade da cidade en momentos difíciles. 

6- Desde o Concello laméntase esta situación, pero lánzase unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns porque o obxectivo do Goberno é clarificar os feitos.

Ningún comentario: