Por primeira vez dende o ano 2003, o Concello de Melide pecha o exercicio económico 2012 con remanente de tesourería positivo
Dende fai unha década é esta a primeira vez que o Concello de Melide pecha o exercicio económico pasado con remanente de tesourería positivo.
As facturas están ao día ate o 4 de febreiro de 2013, tal e como se aprobou na pasada Xunta de Goberno Local celebrada o 7 de febreiro.
O remanente de tesourería unha vez pechado o exercicio 2012 ascende a 20.925,55 € fronte ao resultado presupuestario do ano 2011 que foi negativo nun total de 83.312,35 €. Este desequilibrio entre o ano 2011 e o pasado é debido a que o ano 2011 o orzamento municipal arrastraba unha débeda correspondente a facturas cifrada en 643.270,65 € de exercicios anteriores.
Por outra banda, a data 1 de xaneiro de 2013 ascende a 1.740.344,85 € facéndose fronte no ano 2012 ao pago de 411.000 € entre amortización do montante do préstamo e os xuros financeiros. Hai que destacar que o maior endebedamento bancario produciuse entre os anos 2009 e 2010. O préstamo asinado no 2009 de 1.300.000 € polo consistorio melidá debe amortizarse en 6 anos, polo que se remataría dita obriga pasiva da administración local no ano 2015, sendo pagado integramente polo goberno do Partido Popular. Sen dúbida, para a consecución deste equilibrio económico puxéronse en marcha unha serie de medidas de austeridade e rigorosidade na contención do gasto en todos os departamentos locais.
A isto hai que engadir a satisfacción por parte da alcaldesa de Melide, Anxeles Vázquez, de non concertarse ningún préstamo ao mesmo tempo que se fixo fronte ao pagamento de todas as débedas contraídas que ascendían só en facturas dos anos 2009-2011 a un total de 1.011.188,02 €. Todo isto sen esquecer que a situación económica é considerablemente máis crítica que na lexislatura pasada sendo menores as transferencias de capital percibidas polo concello procedentes doutras administracións, xa sexan provinciais, autonómicas ou estatais. Polo que é aínda máis loable, o conseguido, xa que se seguiron a prestar todos os servizos públicos coa mesma ou con mellor eficacia, en palabras da alcaldesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario