A Tarde de entroidada inaugurará hoxe o programa de Entroido do Concello de Ordes
Os máis pequenos poderán disfrutar de obradoiros, festa e sorpresas a partir das 16.30 horas no polideportivo Campomaior
O Concello de Ordes celebrará hoxe pola tarde o primeiro dos actos previstos no seu programa de Entroido. A Tarde de entroidada terá como protagonistas principais aos máis novos e novas do municipio. Debido as prediccións meteorolóxicas o departamento de Cultura e Deporte acaba de anunciar que todas as actividades terán lugar no polideportivo Campomaior a partir das 16.30 horas. Alí terán lugar numerosos obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran festa con animacións, xogos colectivos e moitas máis sorpresas.
Xa de cara ó sábado 16 de febreiro terá lugar o popular Sábado de piñata, onde haberá un gran desfile polas rúas máis céntricas da vila a partir das 17 horas. Unha cita que cada ano congrega no municipio a centenares de participantes individuais, comparsas e carrozas chegados de distintos puntos da xeografía galega, os cales competirán por acadar o mellor dos premios. Os interesados en participar poderán inscribirse gratuitamente ata o 13 de febreiro no departamento de Cultura e Deporte, ou ben chamando aos teléfonos 981680002 eEste ano 981680157.
Na modalidade individual haberá categoría adultos, a partir dos 16 anos, e categoría infantil para aqueles que teñan como moito 16 anos. Neste caso os premios serán de 175, 125 e 90 euros para os tres primeiros adultos clasificados, e de 125, 90 e 75 euros para os máis novos. As mesmas categorías son as que se convocan para a modalidade de comparsas, nas que os grupos terán que estar formados por máis de cinco compoñentes. No caso dos adultos os premios serán de 400, 300 e 200 euros, e de 200, 150 e 125 euros na categoría infantil. A maiores se outorgará un premio á mellor comparsa municipal dotado con 200 euros. As estructuras das carrozas participantes non poderán ter unha superficie superior aos 7 metros de longo, 3,5 metros de ancho e 4 metros de alto. Un ano máis será esta a categoría que conte cos premios máis cuantiosos, que serán de 600 e 400 euros. Tamén se concederá un premio Especial Simpatía, dotado con 150 euros, e sete premios accesit de 100 euros cada un. Éstes están patrocinados por seguros Reale e a asesoría e seguros Jaime Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario