O concello de Ordes aproba por unanimidade a nova ordenanza de ocupación de vía pública
O pleno do Concello de Ordes aprobou onte de xeito unánime a nova ordenanza que regula a ocupación de terreos de uso público local. Unha regulación que estipula que as terrazas dos locais de hostalaría non poderán superar 1,80 metros de ancho. Na ordenanza tamén se estipulan unha cuantías mensuais de 1,25; 1 e 0,85 euros para as terrazas de 1ª, 2ª e 3ª categoría durante as temporada de baixa mentres que durante os meses estivais serán de 3,50; 2,65 e 2 euros: Estes prezos veranse incrementados no mes de agosto ata os 4,50; 3,40 e 2,50 euros. No caso de celebracións especiais ou eventos de especial relevancia aplicarase un cargo de 0,50; 0,40 e 0,25 euros diarios por cada metro de ocupación. Según manifestou o goberno local “trátanse dunhas cuantías, incluindo as sancións para aqueles que incumpran a normativa, acordes cos tempos de recesión. Deste xeito todos os empresarios poidan aboalas sen un sobreesforzo que poña en perigo a continuidade dos seus negocios”.
Xa no apartado de mocións o PSOE presentou unha proposta na que se lle insta á Xunta a continuidade a manter en funcionamento o servizo de prevención á drogodependencia da Mancomunidade. Unha iniciativa aprobada por todos os grupos políticos “e que na comarca ven atendendo aarredor de 2.300 usuarios”, según manifestou a tenente alcalde Silvia Marín. Neste punto o PP resaltou a labor e a importancia que ten a educación neste campo, destacando o traballo que educadores, psicólogos, etc veñen realizando nos centros escolares, así como o tratamento delo na asignatura de Educación para a cidadanía.
A segunda moción dos socialistas insta ao Goberno Central a revalorizar as cuantías das pensións en base ao IPC e revocar o acordo polo que se adoptou dita medida. Tamén se lle solicita á Xunta de Galicia “a defender o dereito dos pensionistas galegos frente as decisións que adopta o Goberno Central”. O voceiro dos socialistas cifrou en arredor de 464 euros de media por persoa o poder adquisitivo que se perderá en Ordes”. O BNG engadiu que “foi grazas a gobernos populares anteriores que a xente de Galicia cobra as pensións máis baixas do Estado, e que aspectos como o medicamentazo tamén é aplicar recortes a un dos sectores máis sensibles da sociedad” Por parte do equipo de goberno local destacouse que esta decisión afecta a máis xente da que poida parecer nun principio xa que “desgraciadamente hoxe en día moitas familias viven das pensións dos seus maiores”. Neste punto a defensa do PP centrouse en que “foi o PSOE o que non subiu as pensións durante o tempo que gobernou e que é a situación do país a que non permite ese incremento co obxetivo de que se poidan manter as pensións”. O voceiro popular, José Luis Sanjurjo engadiu tamén que “no ano 2013 máis do 74% verán incrementadas as súas pagas nun 2% e o restante o verá nun 1%, ademais do pagamento por parte de Feijoo de todo o complemento previsto para as pensións non contributivas”. Finalmente ante os 5 votos en contra dos populares a moción aprobouse cos 10 votos a favor de UXO, PSOE, MNG e Cidega
A unanimidade volveuse a acadar na solicitude de crear unha senda peonil no lugar da Brea, na zona de Mesón do Vento. Unha zona na que o tráfico propiciado polo central térmica de Sogama. Meirama e o polígono de Acebedo. A cuantía desta intervención, incluindo a canalización de servizos, ascende a máis de 175.000 euros según a memoria aportada onte polos socialistas na defensa deste punto, polo que se insta á Deputación da Coruña a execución desta obra.
Pola súa banda o BNG tamén veu aprobada a moción na que, unha vez máis, se reclamaba o mantemento do servizo de drogodependencias. No seu escrito tamén se lle insta á Xunta a dotación dun maior número de recursos para o mantemento dos servizos sociais da mancomunidade. Neste sentido os socialistas tildaron de “moi peligros” o recorte do 40% que se vai a aplicar nesta materia, mentres que o goberno local abogou “por unha reorganización que permita rentabilizar ao máximo o traballo dos servizos sociais básicos e os específicos”, manifestou o alcalde Manuel Regos que descartou que este plantexamento se traduza no despedimento de traballadores. O PP xustificou a abstención nesta votación argumentando que xa votaran a favor do mantemento do servizo de drogodependencias anteriormente, e en que “non se especifican os recursos aos que se refire o BNG”. Os votos a favor das restantes formacións políticas fixeron prosperar esta proposta.
Posteriormente rexeitouxe a urxencia para debatit as mocións sobre o cuartel da Garda Civil e sobre o antigo consistorio ordense que presentaros os nacionalistas. Aínda así Marín explicou que a retirada dos andamios instalados por mor das obras do antigo Concello “non se debe a ningunha débeda, senón que se trata dunha solicitude que a empresa constructora lle realizou á empresa encargada destes andamios”. Unha demanda que se fixo a través dun burofax que a mesma edil amosou in situ aos membros da oposición que llo solicitaron.
Tampouco os populares tiveron ocasión de debatir a súa moción na que se instaba a condenar o terrorismo e expresar o seu apoio ás forzas de seguridade do Estado.
No apartado de rogos o goberno local tomou en consideración a solicitude dos socialistas de instalar unha baranda de protección nas inmediacións da piscina do Campo da Feira e a de controlar o tránsito de camións de Sogama polo centro da vila. Tamén lle informou de que as obras para mellorar a reordenación do sistema de iluminación xa están en marcha, así como que o corte do sistema eléctrico na gardería a semana pasada debiuse a unha avería que xa se subsanou.
Tamén se tomou en consideración a solicitude do BNG de instalar un paso de peóns no lugar da Gorita, na parroquia de Buscás, e o estudo de cederlle un local de titularidade municipal ó Ligal no centro da vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario