Mancomunidade de Ordes - a mancomunidade consegue garantir os seus servizos e o cadro de persoal

A Mancomunidade de Ordes alcanza un acordo coa Deputación da Coruña que garante a prestación de servizos e o mantemento do cadro de persoal
Tras varias semanas de negociacións o organismo presidido por Manuel Regos consegue acadar unha aportación de 140.000 euros 

Tras varias semanas de encontros e negociacións a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes alcanzou estes días un acordo coa Deputación Provincial, polo que se garante tanto os postos de traballo como a maioría dos servizos que viña prestando ata o de agora. “É un éxito en conxunto por parte de todos os alcaldes desta mancomunidade e dunha política baseada na negociación e no diálogo con outras administracións, na que a prioridade son sempre os veciños e veciñas desta comarca”, comentou o presidente da mancomunidade, Manuel Regos, tras acadase a decisión.

Con todo elo a Deputación destinará 140.000 euros para o mantemento da totalidade dos servizos sociais básicos e a case totalidade dos especializados. Unha cuantía que ademais posibilitará manter a lo menos durante o ano vixente o mesmo número de traballadores que no exercicio anterior, cun cuadro de 20 persoas empregadas entre o persoal administrativo e os técnicos especializados. Para elo “será preciso reubicar a dúas persoas noutros programadas distintos dos que viñan realizando ata o de agora”, comenta o presidente da mancomunidade, quen tamén destaca “que era unha prioridade para os sete alcaldes poder manter o maior número de traballadores. Tanto para ofrecer uns servicios completos e de calidade, como para non deixar sin ingresos a ningún profesional nestes tempos de recesión”, conclúe Regos. 

Ata hai pouco meses os servizos básicos (traballos e labores sociais e persoal administrativo), así como parte dos servizos especializados contaban coa financiación da Xunta de Galicia grazas ao Plan Concertado. A elo había que engadir tamén as aportacións da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de programas específicos. Trala decisión do executivo galego de que fosen as deputacións as responsables de financiar os servicios das entidades locais, a mancomunidade de Ordes, con preto de 38.000 habitantes, atopouse cunha notable carencia de recursos e medios que imposibilitaban o perpetuidade da labor que viña desempeñando, así como a prestación de servizos. Grazas á labor e a capacidade de negociación do organismo presidido por Regos conseguiuse que dende esta semana todos os seus veciños e veciñas, e sobre todo os usuarios, poidan estar tranquilos a lo menos durante un ano máis.
Actualmente nas dependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, ubicadas nos baixos da Alameda de Ordes, xestionanse o servizo integral de 6 traballadoras sociais, 1 auxiliar administrativo, 2 educadoras familiares, 2 técnicos en atención temperá, 1 axente de emprego, 1 orientadora laboral, 1 técnico de cooperativismo, 1 encargada do servizo de limpeza, 1 secretario, 1 interventor, ademais de 1 psicóloga, 1 abogada e 1 directora que constitúen o Centro de Información á Muller.

Ningún comentario: