A décima edición do Mercamelide celebrarase 16 e 17 de febrero.
A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, mailo concelleiro de Promoción Económica, Santos López, xunto coa presidencia de ASETEM Sonia Valiño, presentaron a XI do Mercamelide Nesta edición os máis cativos da casa poderán desfrutar de xogos, inchables, coches eléctricos e sitways que compaxinar o tempo de compra co lecer. Por outra banda, os que así o queiran, o domingo 17 poderán desfrutar da boa mesa cun cocido galego, propio das datas, por un prezo competitivo.
O Edificio Multiusos foi o escenario escollido polo goberno local para presentar a XI edición da feira de oportunidades de inverno por excelencia, o Mercamelide. Como nas pasadas edicións, poñeranse a disposición dos clientes roupa, electrodomésticos, calzado, menaxe, mobles, cosméticos e perfumería, -entre outros- a prezos reducidos. A feira abrirá as súas portas ás 11 da mañá do día 16 de febreiro en horario ininterrompido ata as 20.00 h no Pazo de congresos e exposicións. Tamén haberá unha zona habilitada para os máis cativos e cativas da vila con inchables, xogos infantís, coches eléctricos e sitway que permitirá un tempo de compras máis relaxado.
Entre os compradores sortearase duas cestas con produtos gastronómicos variados ademais dun sorteo de 500 € entre aqueles que efectúen as súas compras no Mercamelide. Serán 32 stands os que participarán nesta edición da feira de rebaixas de inverno melidá. A alcaldesa de Melide mailo Concelleiro de Promoción Económica destacaron a importancia desta iniciativa económica e comercial para a comarca, que ademais de ofrecer produtos de calidade a prezos reducidos, permite sacar o stock de temporadas pasadas á venta do público xeral. Santos López, apuntou os intentos de facer de cada edición do Mercamelide especial, neste caso o eido gastronómico das datas de entroido non se esquece, xa que o domingo día 17 todos aqueles interesados por un módico prezo de 18 € poderán degustar un cocido galego e postres típicos do entroido.

Ningún comentario:
Publicar un comentario