A atención presencial ao cidadán realizase na oficina de Bertamiráns, situada na rúa do Ameneiral, 18 baixo -antiga oficina de Intervención-, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, dita oficina permanecerá aberta dous días á semana (luns e mércores) en horario tarde, de 16:30 a 18:30 horas. Mentres, nas oficinas municipais do Milladoiro a atención será de 9:00 a 14:00 horas
Este venres, o persoal atendeu na nova oficina a cidadáns, mentres que nas anteriores dependencias da empresa GTT colocouse un cartel informando da nova ubicación.
Durante os tres primeiros meses realizarase a transición coa empresa que ata o de agora levaba o servizo. Durante este período é posible que se produzan algunhas complicacións nos trámites, froito do propio proceso de transición, que se corrixirán á maior celeridade no caso de habelos.
A atención presencial ao cidadán realizase desde hoxe mesmo na oficina de Bertamiráns, situada na rúa do Ameneiral, 18 baixo -antiga oficina de Intervención-, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, ditas oficinas permanecerán abertas dous días á semana pola tarde, que serán luns e mércores en horario de 16:30 a 18:30 horas. Mentres, nas oficinas municipais do Milladoiro a atención será de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén se pon a disposición dos veciños e veciñas unha liña telefónica gratuíta de atención ao contribuínte (900 132 204) con atención directa de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Outra das canles a disposición dos veciños e veciñas será a oficina virtual da Deputación, a través da web www.dicoruna.es, que está aberta as 24 horas do día todo o ano, e na que se poden atender todas as xestións e consultas máis habituais e xerais.
No pleno do pasado mes de outubro, o alcalde de Ames lembrou que en 2012 remataba o contrato coa empresaconcesionaria e que se levou a cabo unha análise do quesuporía a cesión desas competencias á Deputación.Santiago Amor destacou que este cambio de modelosuporá para o Concello un aforro anual de 147.186,54euros. O alcalde fixo fincapé en que, actualmente, oorganismo provincial xestiona a recadación de 82 de 94concellos da provincia da Coruña. Entre as vantaxes desta delegación de competencias, o rexedor fixo fincapé nos anticipos a conta que realiza todos os meses a Deputación.
Ante as vantaxes económicas e de xestión que supón esta delegación para o Concello, o rexedor amiense, Santiago Amor, subliña que “supón a mellor opción na actual situación económica”.
O Concello de Ames delegou na Deputación a xestión erecadación voluntaria e executiva de tres taxas municipais, sendoestas o IBI, o IAE e o IVTM. Ademais, a entidade provincial, através do seu servizo de recadación, asumirá as xestións erecadación dun total de sete tributos. Entre estes, atópanse oreferente ao uso privativo ou aproveitamento especial das víaspúblicas e os prezos públicos anuais, o uso de terrazas(colocación de mesas, chairas e outro mobiliario) e asnotificacións colectivas por razóns de instalacións de postos ebarracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións situados enterreo de uso público municipal e outras industrias ambulantes,incluídas as rodaxes cinematográficas.
Outros tributos municipais de Ames que agora pasan a serxestionados pola Deputación son a taxa por entrada de vehículos através de beirarrúas e por reserva de vía pública con aparcamentoexclusivo. Inclúese neste paquete de competencias a recadaciónpor infraccións de lei sobre tráfico, a recadación executiva dosprezos públicos por períodos de menos dun ano, a facultade paraestablecer acordos coa administración tributaria do estado enmateria de colaboración e inspección en relación co IBI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario