Silleda - retoma as actividades o clube de maiores dentro do programa Silleda Activa

Continúan as actividades organizadas dende o Clube do Centro Social dos Maiores, con obradoiros de alfabetización dixital e de memoria na Bandeira e novas sesións de arte terapéutica
-Os traballos artísticos no centro silledense comezan o vindeiro mércores día 13 e serán expostos ao público a principios do mes de xullo

-As sesións na Bandeira arrancaron con gran éxito de público.

Logo da súa estrea en outubro do ano pasado, o programa Silleda Activa, organizado dende o Clube do Centro Social dos Maiores continuará nos vindeiros meses con novas actuacións que están a gañar cada vez máis adeptos.

Onte mesmo comezaron as sesións no Centro dos Maiores da Bandeira, onde se estrea o programa con grande éxito. Todos os martes, de xeito alterno, celebraranse obradoiros de alfabetización dixital e de memoria.

As sesións comezaron co de alfabetización dixital, coa participación de 15 persoas que se familiarizan co uso e manexo dos teléfonos móbiles. Este obradoiro foi un dos que tivo maior éxito entre os usuarios do centro de Silleda, ao ensinar aos/as asistentes a sacar o maior rendemento posible dos teléfonos móbiles, sempre dun xeito sinxelo e asimilable para todos os participantes. O vindeiro martes comezará o obradoiro de memoria que se irá alternando co dos móbiles e no que xa hai anotados máis de 10 persoas.

Os interesados en participar nestas sesións, totalmente gratuitas e que se celebran en horario de 11.00 a 12.00 horas, poden anotarse no propio centro.


Rosas para San Valentín

Mentres, en Silleda, ademais das clases de ximnasia terapéutica e do obradoiro interxeracional de pintura, tamén voltan a partir do vindeiro día 13 as sesións de arte terapéutica. Estes obradoiros nacen coa finalidade de ofrecer actividades diferentes e divertidas para os nosos maiores coa finalidade de promover o seu benestar físico, psicolóxico e social, traballando cos mesmos aspectos manipulativos á vez que creativos e imaxinativos e que reforcen o seu movemento tanto físico como mental.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, todos os mércores en horario de 17:00 a 19:00 horas.

No desenvolvemento deste programa traballarase sempre dunha maneira activa, participativa, comunicativa, explicativa, interrogativa, colaborativa, variada, flexible…

Dita metodoloxía non será a tradicional, formalista, baseada na xerarquía educador - alumno, nin na clase maxistral, senón que se empregará unha metodoloxía totalmente dinámica, baseada nas propias experiencia dos nosos maiores, no descubrimento, na construción de coñecementos novos e na asimilación doutros xa existentes.

O programa de actividades comeza coa confección de rosas para San Valentín con medias de cores. As actividades que se desenvolveran serán sempre acordes con cada estación do ano, tratando de que sexan variadas e divertidas, formando despois os traballos realizados parte dunha exposición a principios do vindeiro mes de xuño. 

Dende o Clube do Centro Social dos Maiores apóstase polo programa Silleda Activa como unha fórmula para ofrecer aos nosos maiores actividades alternativas e que contribúan a mellorar o seu desenvolvemento e fomentar a súa autoestima.

****O cadro de actividades do Obradoiro de Arte Terapéutica en Silleda é o que segue :
DIA 

ACTIVIDADE

13 de Febreiro 
Rosas para San Valentín con medias de cores

20 de Febreiro 
Axenda ano 2003 e carteiras de goma eva

27 de Febreiro 
“Un Peto de porquiño”

06 de marzo 
Obradoiro de cociña “Bombóns de chocolate”

13 de Marzo 
Cadro decorativo con plastilina

20 de Marzo 
Boneca con papel hixiénico

3 de abril 
Manualidades de Pascua

10 de Abril 
Portavelas

17 de Abril 
Marco decorativos para fotos

24 de Abril 
Marca Páxinas Día do Libro

8 de Maio 
Pisapapeis de “Xoaniña”

15 de Maio 
Pedras Decoradas

22 de Maio 
Obradoiro de “Cespinos”

29 de Maio 
Lapiceiros con barro

5 de xuño 
Arte Vitral

12 de Xuño 
Obradoiro de Coiro

19 de xuño 
Pousavasos e abanicos chinos

26 de Xuño 
Taller de Marionetas con reciclaxe

3 de Xullo 
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS REALIZADOS


Ningún comentario: