Ames - o alcalde reúnese con representantes do polígono Novo Milladoiro

O alcalde de Ames reúnese con representantes da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro para informar das actuacións que se acometerán no polígono
O rexedor, Santiago Amor, e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, explicáronlle aos empresarios as actuacións que se levarán a cabo tras a concesión dunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria de máis de 211.000 euros.

Con este investimento, potenciarase o parque industrialmellorando o seu acceso principal pola Avenida Muíño Vello,no Milladoiro, e levarase a cabo o acondicionamento dunha víaalternativa para a súa conexión coa autovía AG-56 a través dapavimentación de pistas municipais. Ademais, colocarase uncolector que aliviará o bombeo actual, co conseguinte aforroenerxético que isto suporá.

No encontro, os representantes municipais e os empresarios estudaron a viabilidade de levar a cabo proxectos conxuntos. Entre outros aspectos, a reunión tamén serviu para analizar diferentes opcións que permitan mellorar a fluidez do tráfico no nudo de entrada ao Milladoiro e ao parque empresarial. Sobre este aspecto, o alcalde de Ames comprometeuse a iniciar contactos coa Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, mantiveron unha reunión cos membros da xunta directiva da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro. O obxectivo deste encontro foi informar aos empresarios das actuacións que se van levar a cabo no parque empresarial tras a concesión dunha subvención por parte da Consellería de Economía e Industria. Ademais, as dúas partes estudaron a viabilidade de realizar proxectos conxuntos e comprometéronse a manter o contacto e a fixar unha nova reunión en marzo.

No encontro, os representantes municipais e os empresarios trataron a posibilidade de crear novas bolsas de aparcamento e presentouse un estudo sobre este tema. Tamén se abordaron pequenas actuacións que serían acometidas no parque empresarial polo Concello. A reunión serviu para analizar diferentes opcións que permitan mellorar a fluidez do tráfico no nudo de entrada ao Milladoiro e o parque empresarial. Sobre este aspecto, o alcalde de Ames comprometeuse a iniciar contactos coa Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento.

Ademais, os membros da xunta directiva da Asociación deEmpresarios do Parque Empresarial do Milladoiro apostaron pola posibilidade de ampliar o parque empresarial co obxectivo de atraer emprego. Sobre esta cuestión, o Concello amosou o seutotal apoio a todas aquelas medidas que poidan supoñer a creación de empresas.

Tanto o rexedor como o concelleiro explicáronlles aos membros da xunta directiva que o Concello vén de acadar unha axuda daConsellería de Economía e Industria, dotada con máis de 211.000euros, para mellorar os accesos, conexións viarias einfraestruturas do parque industrial do Milladoiro. Con esteimportante investimento, potenciarase o parque industrial amiensemellorando o seu acceso principal pola Avenida Muíño Vello, noMilladoiro, e levarase a cabo a súa conexión coa varianteGalanas-Pardiñas da autovía AG-56 a través doacondicionamento dunha vía alternativa. Ademais, colocarase uncolector que aliviará o bombeo actual, co conseguinte aforroenerxético que isto suporá.O alcalde explicou que con estasubvención, incluída nunha liña de axudas encamiñadas áhabilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariaiscofinanciadas con fondos Feder, “desenvolveranse epotenciaranse as comunicacións do polígono industrial amiense”. 

O rexedor destacou que, deste xeito, “solventaranse algunhas das carencias de infraestruturas e servizos comúns que rexistraactualmente o parque, que conta cun altísimo nivel de ocupaciónde empresas”. “O obxectivo é a actualización do polígono e dassúas conexións”, engadiu. Santiago Amor fixo fincapé en destacar “a importancia de mellorar un motor empresarial como é o polígono industrial para Ames, que dá emprego a moitos dos nosos veciños e veciñas”

Ningún comentario: