O BNG considera unha decisión “arbitraria, inxustificada e con consecuencias” apartar o proxecto gañador da estación intermodal
“O alcalde terá que xustificar a necesidade dun novo proxecto e o interese de que sexa outra empresa diferente da que gañou o concurso”
O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, pedirá explicacións no Goberno municipal e no Congreso sobre a intención do alcalde de cambiar o proxecto seleccionado para a estación intermodal. “Trátase dunha decisión arbitraria, non xustificada e con graves consecuencias para Santiago de Compostela”, sinalou.
“O alcalde terá que dar explicacións que xustifiquen a necesidade dun novo proxecto e o interese de que sexa outra empresa diferente da que gañou o concurso”, dixo, “porque non atende a decisión dun xurado internacional conformado por colexios profesionais e todas as administracións públicas implicadas (ADIF, Ministerio, Xunta e Concello), aínda que o PP fixese uso partidista das institucións decidiu voluntariamente non participar nas mesas de avaliación deses concursos, agora pretende retrotraer o proceso ao punto de inicio”.
“En Santiago levamos dous anos perdidos e isto ten responsabilidades, porque mentres en Vigo están as grúas traballando na estación intermodal, na nosa cidade este parón terá graves repercusións para a cidade, porque é a porta da entrada da alta velocidade a Galiza e desbloquear este proxecto podería ser unha boa noticia para os comerciantes do Ensanche e para solucionar os problemas actuais de tráfico e mobilidade”, indicou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario