O Concello de Silleda remite o PXOM aos organismos e Concellos limítrofes para a emisión dos respectivos informes sectoriais
O Concello de Silleda remitiu hoxe mesmo a documentación do PXOM a distintos organismos públicos e aos Concellos limítrofes, a fin de que estos emitan os seus informes sobre o documento urbanístico. Ademais dos municipios lindeiros (A Estrada, Lalín, Vila de Cruces, Boqueixón e Forcarei), tamén se solicitou a emisión de informes á Deputación de Pontevedra e a varios departamentos autonómicos.
Así, remitiuse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas; Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; o organismo autónomo Augas de Galicia; a Secretaría Xeral de Avaliación Ambiental; Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe; Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes; e Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Por outra banda, o planeamento de Silleda, en exposición pública ata o vindeiro 17 de marzo, continuará a vindeira semana coas presentación en máis puntos do rural. O luns día 4 a cita será en Dornelas; o martes 5 en Carboeiro; o mércores 6 en Fiestras e o venres 8 en Moalde. A cita prevista inicialmente en Xestoso o xoves día 7 atrásase ao 26 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario