Nova pavimentación e construcción dunha rede de saneamento e abastecemento para os veciños do Ceidón
O investimento para dar resposta ás demandas presentadas polos residentes desta zona próxima á vila de Ordes ascende a algo máis de 190.000 euros
O departamento de Urbanismo do Concello de Ordes ven de dar prácticamente por rematadas as obras de pavimentación, saneamento e abastecemento que nas últimas semanas se estiveron a realizar na zona do Ceidón. Unha intervención que se ven desenvolvendo ao abeiro do Plan DTC–94 da Deputación da Coruña e cuxo investimento supera os 190.000 euros, IVE incluido. Con elo danse solución ás distintas demandas que os veciños e veciñas desta zona próxima á vila de Ordes viñan manifestando ao longo dos últimos tempos.
Neste caso hai que falar da instalación dun novo sistema de sumidoiros que presenta unha doble canalización para as augas residuais e pluviais. Asemade procedeuse á construcción de novas beirarrúas a ambos lados da estrada que atravesa este pequeno núcleo poboacional, así como da colocación dunha nova superficie de aglomerado e de regos asfálticos en distintas zonas do vial. De cara á implantación nun futuro dun novo sistema de iluminación, que permitirá reducir a contaminación lumínica e aforrar recursos, xa se deixaron colocados os tubos que permitirán levar a cabo esta instalación de maneira rápida e máis económica para as arcas municipais. Tamén se procedeu coa preparación de toda a infraestructura precisa para a instalación do cableado de R. Todo elo rexido polo convenio asinado coa empresa de telecomunicacións que a cambio encargouse da colocación de tubos, tapas e arquetas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario