BNG Brión - moción sobre Rañalonga

MOCIÓN PARA CONSERVACIÓN DOS CAMIÑOS DA RAÑALONGA
O BNG de Brión lamenta o estado no que se atopan os camiños e sendeiros do concello brionés. Durante este inverno incrementouse a tala dos bosques, e a maquinaria que se utiliza para tal fin vén de provocar auténticas desfeitas nos camiños. Como exemplo temos o emblemático monte de Rañalonga. 

Rañalonga é coñecido polo seu valor arqueolóxico xa que son moitas as mámoas que nel están catalogadas, tamén é coñecido polo súas fermosas paisaxes, non é raro ver aos recolledores de setas por entre as súas carballeiras e piñeirais, tamén é importante o seu valor cinexético e como non a súa valía como circuito deportivo e turístico. Case nos atreveriamos a dicir que Rañalonga, xunto con santa Minia, son os atractivos turísticos máis importantes do noso concello: senderismo, circuitos de bici de montaña, ruta do colesterol e como non os paseos a cabalo que atraen ao turismo de dentro e de fóra do estado español. Por iso botamos en falta unha normativa por parte do Concello que obrigue ós que desfan os camiños que os volvan a arranxar, que quiten as ramaxes e resolvan o problema das enormes fochancas que os fan totalmente intransitables, non ten porque ser o Concello o que cargue con estas costas, o diñeiro público está para outras cousas e máis nestes tempos que corren, pero si que ten que ser o encargado de velar polos intereses da maioría dos seus veciños e de poñer fin ao que consideramos un atropelo.

Polo exposto, propoñemos ao Concello en Pleno a toma en consideración da seguinte proposta:

1.- Que o Concello faga un especial seguimento dos desprazamentos da maquinaria pesada polos camiños públicos don montes do Concello.

2.- Que se obrigue aos usuarios dos camiños públicos dos montes, en especial aos que utilizan máquinas pesadas nos montes da Rañalonga, a que manteñan os camiños en estado aceptable.3.- No caso de que non se cumpran a anteditas condicións, comunicar ás autoridades competentes os destrozos e acumulación das ramaxes nos camiños para que actúen en consecuencia.

Ningún comentario: