Silleda - rematado o prazo de inscripción no programa Silleda10

O programa Silleda 10 supera o medio centenar de inscricións
Onte rematou o prazo, cunha elevada participación, xa que se sumaron a esta iniciativa o 70 por cento dos convocados. En total hai 53 inscricións

O prazo de inscricións para participar no programa Silleda 10 pechouse cun total de 53 solicitudes. Esta cifra vén a supoñer preto do 70 % dos establecementos convocados, o que amosa o éxito da proposta. Destaca a gran implicación do sector textil, xa que están inscritos o 95% dos comercios, das florerías, e tamén a alta participación de subsectores relacionados coa alimentación, saúde, mobles….

“Estas cifras demostran que o sector está motivado e de que son conscientes que o programa supón unha grande oportunidade de negocio, todo con xente de Silleda”, declara o concelleiro de Comercio, Klaus Brey. Cómpre destacar que xa hai propietarios de establecementos que amosaron a súa disposición a colaborar de xeito desinteresado na organización, “e que son moitos os que nos están a aportar máis ideas para atraer ao público. Na campaña tamén se integraron establecementos do sector da hostalería, como restaurantes ou casas de turismo rural.O vindeiro luns establecerase un calendario de actuacións para organizar o evento, que terá lugar entre o 14 e o 23 de marzo. A iniciativa, novidosa en Galicia, xoga co número 10, símbolo da calidade, para proponer distintas e atractivas ofertas entre os potenciais clientes.

Ningún comentario: