O BNG de Teo celebra mañán xoves 7 de febreiro un encontro para analizar os efectos da liberalización dos horarios comerciais no tecido local
A deputada Ana Pontón e Manuel Anxo Fdez. Baz ofrecen unha charla informativa o xoves 7 de febreiro ás 20:45 horas na Mediateca de O Grilo (Cacheiras)
O BNG de Teo organiza un acto público sobre a reforma da Lei de Comercio que a Xunta está impulsando e que supón un duro revés para o sector do pequeno comercio local. No encontro participarán o portavoz municipal, Manuel Anxo Fdez. Baz, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Ana Pontón.
A deputada Ana Pontón, explicará todas as claves da reforma impulsada polo Partido Popular no marco das decisións adoptadas o ano pasado que confluíron no Real Decreto 20/2012 e que agora van ser aplicadas en Galiza, e analizará as súas consecuencias nun debilitado tecido produtivo local. Así mesmo, tamén poñerá de manifesto a posición e as propostas do BNG.
O portavoz municipal, Manuel Anxo Fdez. Baz, convida ao comercio local e a todos os teenses e ás teenses a participar neste acto que supón a continuación da campaña “Compra en Teo” iniciada en setembro de 2012 e que pretendía implicar a toda a cidadanía no apoio ao tecido económico local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario