Silleda - sancións para os saboteadores do alumeado público


Manuel Cuiña advírtelles ao autor ou autores do sabotaxe no alumeado público que se poden enfrontar a penas por desordes públicos
Dende a Concellería de Obras e Servizos apóstase por reforzar a vixiancia policial nas rúas para identificar aos responsables de actos “que poderían ter graves consecuencias”, advirte o concelleiro e alcalde en funcións

O concelleiro de Obras e Servizos e alcalde en funcións de Silleda, Manuel Cuíña, advírtelle ao responsable ou responsables dos últimos casos de sabotaxe contra o alumeado público que, de seren identificados, poderían enfrontarse a penas e multas por causar desordes públicos. Nas últimas horas, vense de intensificar a vixiancia policial para dar cos responsables destes actos que nos últimos días deixaron sen luz a céntricas rúas do casco urbano de Silleda, entre elas a Trasdeza (en plena N-525). Tamén se adoptaron outras medidas como a colocación de candados nas caixas que manipulan os autores.
Manuel Cuíña vai máis aló e avisa aos responsables que a  súa actitude “pode ter consecuencias máis graves”, xa que ao interrumpir o servizo durante a noite altérase a seguridade cidadá, “ademais de supoñer un serio risco, por exemplo para a seguridade viaria no caso dos peatóns”, engade.
Así mesmo, Cuíña tamén pide a colaboración cidadá para dar cos responsables da sabotaxe, que xa se produciu o pasado ano en varios puntos do municipio, “e que supón un perxuizo para todos os veciños”, engade.

1 comentario:

ourenson dixo...

Pois talvez os "saboteadores" teñan algo de razón sr Cuiña, busque as causas non as consecuencias: a iluminación pública de Silleda é nefasta, cega os condutores e non nos permite ver os peóns (eu mesmo estiven a punto de atropelar unha señora de noite nun paso de peóns).
Son unhas farolas moi chique con aires de burguesía barata na que se gastaron moitos euros de todos sen un mínimo de racionalidade nin seguranza, nin para os peóns nin para os condutores. ASÍ QUE O MELLOR É QUE FAGAN O QUE TEÑEN QUE FACER: BEN!