Segundo puido comprobar o BNG de Padrón, produciuse un afundimento de bordes da estrada pegada ao muro de carga da canle de derivación onde estiveron estacionados camións e caravanas dos feirantes das festas de pascua. Tamén se produciron desperfectos nos bordillos do paseo así coma nos espazos de recreo.
A situación reviste risco real dun desprendemento e un perigo evidente para todos os usuarios e peóns.
O BNG de Padrón, mediante escrito presentado no rexistro do concello, urxe ao goberno municipal do P.P., a que proceda a reparar todos os desperfectos producidos na pista da canle de derivación e na área recreativa, e recoméndalle que inspeccione a solidez dos muros de carga da canle. Tamén que reconsidere o estacionamento de camións de gran tonelaxe no pista do borde da canle.
No mesmo escrito o BNG de Padrón solicita ao concello procuere a limpeza so tramo do río Ulla da área recreativa da desembocadura que se atopa nun estado de total abandono e cheo de lixo. Non ten moito sentido que se inaugure un paseo fluvial mentres as beiras do río atòpanse nuns estado noxento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario