Xornada de fútbol gaélico co SD Esclavitude

Padrón, 19/08/2016 - A SD Esclavitud colabora cos Irmandinhos A Estrada na organización dunha actividade de divulgación do fútbol gaélico na Comarca do Sar. Un deporte con máis de 130 anos de vida e cun crecemento espectacular fora de Irlanda, que no caso galego fixo que en poucos anos se creara unha selección, a cal xogou fai uns días o máximo nivel o Mundial de Fútbol Gaélico en Dublín quedando en terceira posición tanto en categoría masculina como femenina.

A SD Esclavitud e Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico convidan a coñecelo este sábado 20 de agosto no Novo Campo do Doce da Escravitude, o lado da Estación do AVE Padrón-Barbanza, onde poderán practicalo a partir das 19:00 horas grazas as consignas de xogadores e adestradores desta práctica deportiva.

Despois haberá unha exhibición a cargo de Irmandinhos A Estrada Fútbol Gaélico onde se poderá ver por primeira vez un partido de fútbol gaélico na zona de Padrón.

Ningún comentario: