No día de onte ás 12:00 horas no Auditorio do Centro Social de Padrón procedeuse a presentación do Acto que se vai a celebrar en Rianxo o próximo día 30 de xaneiro, sábado, conmemorando o 130 aniversario do nacemento de Castelao. O pistoletazo de saída de este acto comezou o pasado día 20 mércores, no Concello de Rianxo, e que seguirá promocionandose por distintas partes de Galicia ata o día da súa celebración.
No acto de hoxe estiveron presentes Carlos Mella Presidente da Fundación Castelao, Francisco Lopéz "Chesqui" secretario xeral do PG e Anxo Rodríguez Concde concelleiro e vicepresidente do PG.
A presentación comezou ca intervención de Anxo o concelleiro de Padrón dando a benvida e agradecemento aos medios así como ao Presidente da Fundación Castelao e o secretario xeral do PG, tamén dando as gracias pola súa vontade, xenerosidade e actitude ás distintas forzas políticas que van asistir ao acto do día 30 así como as distintas fundacións e colectivos sociais que tamén asistiran e tiveron que ver na vida e figura de Castelao.
Intervención de Carlos Mella, comeza dicindo:
Castelao foi un home esencial que por riba de continxencias persoais, históricas ou políticas, foi quen de sementar ideas, facer agromar ideais, diagnosticar galegas infirmidades e ofrecer cura para as eivas da súa terra. Castelao mirou Galicia e non lle gustou o que viu, pero en troques de deitarse na queixa, púxose remedialos atrancos e as eivas que impedían o soerguer dun país por veces esquencido de si mesmo, e fíxoo con carraxe e valentía, loitando contra a infirmidade, a guerra o exilio e mesmo contra a incomprensión, cando non contra a insolidaridade e o esquecemento. E con tódalas suas forzas loitou a prol de Galicia coas armas democráticas da palabra, da escrita e do debuxo sen botar man da violencia e sen reclamar pretendidas superiodidades. Negase a considerar a Galicia como un recanto xeográfico e administrativo, coma un pais fantasmagórico instalado no mundo da fantasía e construído cos materiais da lembranza e da resignación, sabe que Galicia é unha nación asoballada, esmagada polos de fora e esmaquizada polos de dentro e que fica sen historia propia e vive e padece unha historia allea escrita noutra lingua. Ás alturas de hoxe convén mirar Galicia como a mirou Castelao, con sua mirada critica e agarimosa, ilusionada e prudente, rexa e pacífica que nos invita a traballar cos outros en tarefas comúns, coa única condición de facelo en pé de igualdade, e decir, para entre todos construir unha Galicia mellor.
Intervención de " Chesqui ", comeza dicindo:
O PG fixo unha chamada de autoconvocatoria na persoa de Castelao, a cal respostaron todos os que están, alguén tiña que intentar xuntar o galeguismo nacionalismo arredor de un persoeiro , dunha figura como fixo Castelao tempo atrás e máis nestes momentos tan convulsos da política actual e lle correspondeu ao Partido Galeguista xa que os dirixentes do PG son os mesmos que os que foron nomeados no ano 1983 no 5º Congreso do Partido Galeguista cando o presidía D. Ramón Martinez López, Manolo Beiras, etc. Dende o PG intentamos facer o que fixo no seu día a figua de Castelao como home pacificador e de concordia, e facendo dende o PG a seguinte reflexión e dunhas verbas do propio Castelao " Quen pode, pois, salvar a Galiza? . Galiza mesma. ".