Toda a Avenida de Pontecesures, nun
tramo de 1 km, dende o paso de peóns do
PAC ata o lugar da Ponte carece de beirarrúas coas que garantila seguridade dos
peóns, esta situación que se prolonga no tempo , sen que se lle procure unha
solución axeitada, preocúpanos porque todo este tramo transcorre paralelo á
N-550 principal arteria de comunicación Galicia Norte-Sur que soporta un
tráfico diario entre 20.000- 30.000 vehículos, co cal as condicións de falla de
seguridade son máis que evidentes. Si analizamos a situación actual dos
diferentes tramos atopámonos co seguinte:
Dende o paso de peóns do PAC ata o
vial que conduce ao lugar do Lestido marxe esquerda da estrada, como diciamos
non ten beirarrúas os peóns teñen que camiñar por entre coches que están
aparcados, entran e saen de garaxes e de negocios particulares e si a isto lle
engadimos que as fochas ocupan a maior parte dos tramos impedindo e
dificultando o paso das persoas con mobilidade reducida ou con coches de bebés
por poñer un exemplo son razóns máis que suficientes para procurar unha
solución ao problema pranteado.
Na marxe dereita non existen
beirarrúas co agravante do desnivel entre o campo de fútbol e a N-550. A maiores temos un paso de peóns sen
accesibilidade para persoas discapacitadas e cun acceso en chanzos, cando o
máis lóxico seria habilitalo nunha das esquinas da rampa de acceso N-550 -
campo de fútbol para garantila accesibilidade.
A partires deste punto en dirección A
Ponte a situación agravase coas bifurcacións a un e outro lado: marxe esquerda:
pista do Lestido, saída da autopista ou vía rápida, entrada a autopista ou vía
rápida ata os edificios da Ponte, de aquí ata a Ponte marxe esquerda continúase
sen seguridade nin beirarrúas.
Marxe dereita, dende a rampa do campo
de fútbol varios cruces: Noirmoutier, vía rápida, acceso a autopista, saída da
vía rápida, acceso á EEI da Ponte.
Cando no mandato 2007-2011 formamos
parte do goberno municipal solicitaramos planos na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia
para coñecer a titularidade dos terreos existentes entre a N-550 e as edificacións
desta Avda. Neste plano aparecían os terreos como lugar de afectación de
estradas pero seguían sendo de titularidade privada. Cando se construíron as
edificacións marxe esquerda da estrada dende as Lágrimas ata pasar o campo de
fútbol ( a maior parte delas no goberno do mesmo signo político que o actual, é
dicir o PP) o que deberían ser terreos municipais de cesión, non se esixiu a
cesión e agora atopámonos cun problema encistado no tempo.
Volvendo ao mandato 2007-2011 en
varias ocasións desprazámonos A Coruña a Demarcación de Estradas para buscar
unha solución ao problema, presentóusenos un proxecto redactado polo Ministerio
de Fomento para actuar sobre esta travesía na que se contemplaba a construción
de beirarrúas amplas en todo o tramo, carrís de incorporación e desaceleración,
unha zona intermedia nas propias beirarrúas urbanizada con luminarias, arbores,
carrís bicis en ámbalas marxes. Un proxecto que superaba a inversión de 5
millóns de euros. Este proxecto quedou nun caixón e só se actuou na marxe
dereita da estrada no lugar da Ponte, construíndo unha senda peonil en terra,
proxecto no que se investiron entre expropiacións e construcións medio millóns
de euros, co cal Padrón, A Ponte e os veciños dos núcleos están ´á espera dos
4, 5 millóns de euros restantes que lle garantan calidade de vida, seguridade e
infraestruturas dignas nun tramo con perigosidade extrema.
.
E polo que PROPOÑEMOS os seguintes ACORDOS DE RESOLUCIÓN:
a.
Tomar acordo plenario para instar do goberno
municipal do Pp que se dirixa de maneira
urxente a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e o Ministerio de
Fomento para que se actúe prioritariamente neste kilómetro de inseguridade vial
dende Padrón ata o lugar de A Ponte e se recupere o proxecto de urbanización.
b.
Tomar acordo plenario que mentres non se
actúe sobre o tramo, por parte de Fomento, que actúe o concello cos permisos
que sexan necesarios sobre a beiravía para tapar as fochas que no inverno se
enchen de auga e impiden o paso de discapacitados, coches de bebés ou carros da
compra
c.
Tomar acordo plenario para que o concello
solicite e habilite no menor prazo de tempo posible un paso de peóns con
accesibilidade na zona en fronte do campo de fútbol.
d.
Tomar acordo plenario para que o goberno encargue aos servizos
xurídicos e urbanísticos municipais un
informe sobre a non cesión e non urbanización dos terreos por parte dos
propietarios das edificacións existentes ao longo da N-550 dende as Lágrimas
ata o acceso á autopista en ámbalas dúas marxes ao obxecto de actuar sobre
estes terreos para que non continúen nunha situación de desleixo e que están a
causar un problema de seguridade vial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario