BNG Padrón - Mal estado das rúas do casco vello

Durante a primeira semana de marzo, e ante a chegada da Semana Santa Padronesa, o goberno municipal decide encintar as rúas do pobo.

As presas e a desidia, fan que, novamente, e a pesar do tempo, chuvia toda a semana, os traballos se fagan igual, deixando as rúas emporcadas, con risco de accidentes e o problema sen solucionar, pois o cemento (non sabemos se é a solución máis adecuada), como todo o mundo sabe excepto o Goberno Municipal, non seca se chove.

Ademais de empeorar a imaxe do pobo ante o conxunto da cidadanía, coa xa deteriorada pola sucidade e o estado ruinoso do casco, hai que sumarlle o enfado do todo o comercio, polo que supón o nefasto impacto que o lodo formado do cemento produce nos locais comerciais.

Ante todo o exposto, o BNG de Padrón, instou ao goberno municipal, primeiro, a que planifique debidamente as obras para non repetir o nefasto resultado das actuais, e que proceda canto antes á limpeza das rúas afectadas, procurando que ao comezo das próximas festas o casco histórico de Padrón non pareza unha lameira.

Ningún comentario: