Amosando publicacións coa etiqueta AXP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AXP. Amosar todas as publicacións

Oposición Padrón - Demanda de pleno extraordinario e comisión informativa

Os abaixo asinantes, concelleiros membros da Corporación do Excmo. Concello de Padrón, en representación dos Grupos Políticos Municipais PGD, PSdeG-PSOE, AxP e CIPa, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar os asuntos que quedaron pendientes do Pleno ordinario celebrado o 28.01.16, e unha comisión informativa para que se aporte a información que non se dou no pleno ordinario, nin nas comisión informativas previas ao mesmo, por non tela dispoñible o grupo de gobemo (PP)

Exposición de motivos.

O xoves, 28.01.16, celebrouse pleno ordinario que finalizou sen debater a totalidade dos asuntos incluídos na orde do día, por ter que prolongarse a celebración do mesmo ata mais alá das 24:00 horas, polo que chegado ese momento se puxo fin a sesión plenaria.

Dos 29 puntos de que constaba a orde do día tan só foran debatidos e votados 17, quedando os restantes, entre o dazaoito e o vintenove, sen debater.

Por ese motivo, os grupos da oposición, consideramos necesaria a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente, no que se debatan os asuntos pendentes, así como a convocatoria previa ao pleno de Comisión informativa, na que se de a información que quedou pendiente do pleno, e comisións informativas previas, ben por non dispoñer dela nese momento ou por outros motivos.

A información, de ser posible, que sexa entregada coa convocatoria dais comisión/s informativa/s

Entre esa información estaría: tramitación para mellora parques infantis, .contrato vallas campo fútbol Flavia, órdenes exección tramitadas aos propietarios de edificios en mal estado (durante o gobemo actual e o anterior), edificios nos que se actuo durante este gobemo e o anterior na zona ARI, altas e baixas no mercado dominical durante entre 2001 e 2016 (gobemo do PP) así como os criterios para o concesión das altas, o mesmo na Praza de Abastos municipal...(1).

Polo exposto, proporienos a celebración de:

1. Comisión informativa.

Tratar temas pendientes comisión informativas previas a celebración do pleno ordinario do 28.01.16, e pleno ordinario, non facilitar información por carecer dela nese momento ou por outros motivos. (1)

2. Orde do día do Pleno:

18. Moción presentada por. PGD, PSdeG-PSOE, Vecirios de Padrón, AxP, BNG e CIPa sobre a modificación do Regulamento orgánico municipal.

19. Moción presentada polo PGD sobre as paradas do autobús escolar.

20.-Moción 'resentada por PGD, PSdeG-PSOE, AxP e CIPa sobre a entrega das actas das sesións da Xunta de Goberno Local no prazo legalmente establecido.

21. Moción presentada por PSdeG-PSOE sobre a falla de mantemento das instalacións e recinto deportivo de Extramundi

22. Moción presentada por AxP sobre as vallas publicitarias no campo de O Souto.

23. Moción presentada por AxP sobre Campo de Traballo Internacional"Padrón no camirio"

24. Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación dos membros da Xunta de Goberno

25. Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación do nomeamento de Tene.- Dación de conta da Resolución do Alcalde de modificación das delegacións de Competencias nas persoas membros da Xunta de Goberno.

27. Dación de conta das resolucións adoptadas pola presidencia contrarias aos reparos suspensivos formulados pola intervención Municipal. Reparos 16 a 19

28. Dación de conta das resolucións do Alcalde da número 777/2015 á número 866/2015 e das Resolucións do Alcalde da número 001/2016 á número 033/2016

29. Rogos e preguntas

Alternativa X Padrón - Desidia e falata de actuación no goberno municipal

Alternativa por Padrón (en diante AxP) presentou no rexistro do Concello de Padrón dúas mocións para o seu debate no vindeiro pleno ordinario do 28 de xaneiro.

A primeira delas afonda no que consideran unha situación irregular no tocante á solicitude, adxudicación e execución do Campo de Traballo Internacional “Padrón no Camiño” levado a cabo no pasado mes de xullo de 2015. A formación política considera que o papel do concello foi de intermediario solicitando fondos públicos á administración autonómica para adxudicarllos directamente a unha entidade privada local; neste proceso, foi pouca a publicidade e promoción realizada, dubídase da execución dalgúns aspectos contemplados na memoria inicial e para sorpresa de AxP o pago da factura polo servizo será feito directamente da Xunta de Galicia á entidade adxudicataria. Non entenden o papel de intermediario do Concello que nin sequera soubo aproveitar os beneficios que esta interesante actividade podería reportar á nosa vila.

A segunda moción fai pública a situación das vallas publicitarias instaladas no campo de fútbol de O Souto (campo do Flavia); as empresas que as instalan cobran ás anunciantes pola publicidade e sen embargo o concello non ten nin acordo nin convenio nin contrato escrito establecido con elas e por tanto está a deixar pasar uns ingresos nas arcas municipais.

A formación encabezada por Cesáreo Pardal non dá crédito ao desgoberno, desidia e pasotismo coa que este goberno do PP segue a actuar e afirma que seguen a recabar información real deste modo de desgobernar Padrón.

Alternativa X Padrón - Denuncia de falta de organización, responsabilidades e respeto e atención ao cidadán

O pasado 17 de novembro a formación política Alternativa por Padrón deu entrada no rexistro do concello a un escrito no que manifestaba a súa inquedanza polo tema da accesibilidade no tocante aos edificios municipais aos que os cidadáns deben acceder para facer trámites habituais. Concretamente expoñíase e consultábase a posibilidade de poder levar a cabo as sesións plenarias noutra instalación (xa que na casa consistorial non existe ascensor e, ao parecer, tampouco posibilidade de instalalo) e tamén sobre a oficina de emprego que está sita no Convento do Carme e á que se accede tras subir varias escaleiras.

En data 15 de xaneiro o Sr Fernández Angueira a quen iba dirixido ese escrito aínda non respondeu ao mesmo e non contento con iso, segue a promover actuacións municipais en instalacións ás que non todos os cidadáns poden acceder.

Non sabemos si se trata de pasotismo político ou de que organizan e promoven as actuacións sen pararse a pensalas pero o certo é que nin decíndolles as cousas, escoitan. A próxima cita? III Exposición da Camelia. Onde? No Convento do Carme. Por desgracia serán moitos os veciños e veciñas que non poderán acceder.

Alernativa X Padrón - O concello ignora as recomendacións do arquitecto municipal sobre a escola de Arretén

Tras un exhausto traballo de revisión das actas de goberno local (previas e posteriores ás eleccións municipais) o equipo de Aternativa por Padrón non da crédito á maneira na que se fan as cousas nesta localidade nin á forma de goberno e organización que se leva. É por eso que unha das vías emprendidas pasa por pedir explicacións e solicitar informaicón por escrito ao goberno de Antonio Fernández sobre todo aquelo non que “consideramos que falta información, que o expediente non está completo, das facturas nas que non aparece concepto, …” . Non se nos está respondendo nos prazos que marca a Lei e entendemos que moitas veces os escritos que presentamos en rexistro son numerosos pero si as cousas estivesen ben feitas, non teriamos que preguntar por elas; estase a facer un doble traballo cando xa debería estar feito pero preferimos levar a documentación ao día e saber como se xestiona a administración local con este equipo de goberno.

PLAN DE ACCESIBILIDADE

Unha das cousas nas que o equipo de Cesáreo Pardal está a traballar é na elaboración dun Plan de Accesibilidade co que Padrón e en concreto as instalacións municipais estean adaptadas e sexan para todos os cidadáns. nesta liña ven de solicitar que os plenos se realicen noutra instalación pública e a oficina do paro, sita no Convento do Carme, se instale tamén noutra ubicación. Na nosa lista temos a unha persoa con minusvalía física que participa activamente nas nosas funcións e non pode asistir ás sesións plenarias.

INFORME SOBRE ESCOLAS UNITARIAS

A formación política tamén ven de solicitar, entre outros, un informe do arquitecto municipal sobre o estado actual das diversas escolas unitarias do concello; a raíz da petición duns usuarios afectados e por iniciativa propia, AxP foi coñecedor dun informe de data 24 de xuño de 2014 no que o arquitecto municipal informaba ao goberno do PP que a escola unitaria de Arretén non cumpría o código de edificación en cuestións básicas de salubridade, accesibilidade, ruido, perigo en caso de incendio, etc e ao que o goberno fixo caso omiso non respondendo ás necesidades da escola. As únicas obras realizadas na instalación foron obras menores tal como declaraba a prensa o alcalde o pasado verán.

Alternativa por Padrón entende que instalacións nas que se atopan menores deben estar nas condicións mínimas básicas esixidas. Temos moitos servizos básicos que atender no concello, que sí son obrigatorios e estamos atendendo a outros non tan prioritarios.

Oposición Padrón - Moción reclamando explicacións sobre o cambio de titularidade da AC-299

Os abaixo asinantes, concelleiros membros da Corporación do Excmo. Concello de Padrón, en representación dos Grupos Políticos Municipais do PGD, PSdeG-PSOE, Veciños de Padrón, BNG, AxP e CIPa, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar o cambio de titularidade dun tramo da estrada AC-299 (Padrón (AC-307)-AC-301) desde o punto kilométrico 0+000 ao punto kilométrico 2+160 (límite municipal) a favor do Concello de Padrón. 

Exposición de motivos. 

Polo Decreto 36/2013, de 14 de febreiro, aprobouse o cambio de titularidade dun tramo da estrada AC-299 (Padrón (AC-307)-AC-301) desde o punto kilométrico 0+000 ao punto kilométrico 2+160 (límite municipal) a favor do Concello de Padrón. 

Desde o goberno municipal realizaríanse as xestións necesarias para esa aprobación sen que en ningún momento se dese conta ao pleno das mesmas, polo que descoñecemos cales son os beneficios que veu o grupo de goberno para tramitar esta cesión ao concello, nin os incombintes que pode representar, xa que o grupo de goberno fixo as xestións de costas ao pleno, enterándonos do cambio de titularidade polo Diario Oficial de Galicia do luns, 25 de febreiro de 2013. 

Segundo o artigo 3 do Decreto 36/2013, de 14 de febreiro, a entrega do vial formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do Decreto do DOG, mediante a firma da correspondente acta de entrega. Non nos consta que se formalizara a entrega. 

Segundo o artigo 4 do Decreto 36/2013, de 14 de febreiro, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que pudese corresponderlle como nova Administración titular da estrada. 

Que ca convocatoria do pleno, se aporte aos grupos asinantes do mesmo a seguinte documentación: 

a a) Informes previos, que aconsellan a cambio de titularidade e o expediente completo da cesión. b)Estudio de custes de mantemento da estrada, unha vez pase a titularidade ao concello e o proxecto de obras a realizar antes da recepción da estrada

Polos motivos expostos, propoñemos ao pleno a adopción dos seguintes acordos: 

1.- Informe, polo alcalde, das xestións realizadas para o cambio de titularidade da citada estrada.

2.- Informe, polo alcalde, dos beneficios que o cambio de titularidade terá para os veciños e concello de Padrón, segundo o seu criterio. 

3.- Non formalizar a entrega do vial, firma da correspondente entrega, ata ser aprobada polo pleno. 

Oposición Padrón - O alcalde tómalle o pelo aos veciños

Dada a pasividade do goberno local (PP) e o tempo transcorrido coa piscina pechada, os grupos políticos muncipais PSdeG-PSOE, CIPa, PGD e BNG, solicitamos a convocatoria dun pleno extraordinario o 8.10.14, pleno que se celebraría o 24.10.14, acordando:cos votos a favor dos convocantes e a abstención do PP “Que en data non máis tarde do 1 de novembro se poña en funcionamento o servizo da piscina municipal de Padrón para desfrute dos veciños de Padrón e dos concellos veciños” e por unanimidade “Que se garantan os dereitos laborais dos traballadores da piscina e se proceda á incorporación dos mesmos aos seus postos unha vez rematado o ERTE que lles afecta”.

Ambos acordos incumpridos polo alcalde o grupo de goberno (PP) e a realidade é que os traballadores quedaron sen traballo e a deixadez, falla de interese do goberno local (PP) sitúanos 1 ano e mes despois dos acordos plenaios no mesmo punto de partida: piscina pechada o obras sen rematar.

As obras de mellora da piscina foran adxudicadas á UNIKA Proyectos y Obras, SL en 209.150,00 euros, finalizaron coa emisión da última certificación de obra, 4.11.14. Tamén traballarían na piscina Instalaciones Ducho, Carpintería Valdeza...

Neste intermedio, é certo que o goberno municipal licitou a piscina, pero non é menos certo que a piscina non podía entrar en funcionamento porque había “e hai” obras sen rematar, e a empresa adxudicataria de poñer en marcha a piscina non se fixo cargo da mesma.

Durante o mes de outubro representantes de varios grupos municipais, tivemos ocasión de ver as instalacións da piscina municipal e, comprobamos que a sítuación era peor que a da visita realizada no mes de xaneiro.

Transcurridos 1 ano 3 meses e 7 días desde o peche da piscina, 1 ano e 12 días do pleno anterior, e visto o estado de parálise do goberno, de falla de inciativas, de interese por solucionar os problemas dos veciños e a falla de execución das obras pendentes de realizar na piscina municipal, o día 6.11.15, os grupos municipais PSdeG-PSOE, PGD, AxP e CIPa volvemos a solicitar outro pleno extraordinario coas seguintes propostas:

1.- Apertura da piscina municipal o sábado, día 14, de novembro, para que os usuarios e veciños vexan o estado en que se atopan as instalacións.

2.- Informe, e explicación, das obras pendentes de realizar e materias que hai que mercar para poñer en funcionamento as instalacións da piscina.

3.-Cal é o importe das obras a realizar e materiais a mercar, así como a explicación de como se financiarán e os prazos estimados para as obras.

4.-Presentación dos pregos e do estudo de costes, con xestión propia e con empresa contratada ao efecto.

5.-Proposta de data e posta en funcionamento das instalacións da piscina municipal cuberta”

Transcurridos 7 días, o pleno aínda non se convocou e o día 14.11.15 a piscina non se abrirá, como se faría en caso de terse celebrado o pleno, para que todos poidamos ver en que estado se atopan as instalación, que non permiten a súa apertura inmediata.

O que si fixo o goberno local (PP), consciente de que terá que abrir a piscina para que todos poidamos ver o seu estado, foi de prisa e correndo buscar unhas empresas, todos podemos ver cales son, que acometan urxentemente unhas reparacións que desde o goberno municipal (PP) non hubo a vontade de inicar durante o último ano, e todo para dar a impresión de que fixeron algo, e algo están a facer “deixar aos traballadores de piscina sen traballo e enganar aos usuarios da piscina e a tódolos veciños”

Oposición de Padrón - A oposición presenta unha roposta consensuada para os plans PAS e POS da Deputación

Os grupos PSdeG-PSOE, PGD, AxP, BNG e CIPa, ( sete concelleiros de trece) presentamos unha proposta de obras a realizar, financiadas co Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2016 e o Plan de acción social (PAS) 2015

.Ao concello de Padrón correspóndenlle 210.556,59 euros do POS e 287.122,63 euros do PAS.

As obras propostas para incluir en ámbolos proxectos presentadas hoxe son:

-Asfaltado pista Bordel, desde o incio ata a N-550, na Avda. Camilo José Cela.

-Asfaltado e mellora pista a Extramundi, desde a ponte nova sobre o río Sar.. Estas obras xa foran consensuadas o ano pasado, e quedaran sin incluir no POS, porque consideramos que había que mellorar a proposta existente naquel momento.

-Subministro de auga potable aos lugares de Cruces e Areal.

-Saneamento no lugar do Lestido.

-Reparación/reposición tellado gardería municipal

-Asfaltado pista Montiño a Vilar

-Reposición pasarelas río Sar.

-Rampa de acceso ao cemiterio municipal do Santiaguiño do Monte e dotación e bancos.

-Asfaltado da pista que vai da canle de derivación do río Sar ata o paso a nivel da Matanza.

-Saneamento no lugar de Iria, xunto ao paso soterrado da via férrea.

-Canexión do alcantarillado de Muíños.

A. presentación destas obras non exclúe a aprobación de outras que se podan consensuar, a maiores das presentadas polos grupos citados, e que terán que ser aprobadas antes do 18/12/15.