Padrón, 19/07/2016 - O BNG de Padrón presentou un escrito no Concello solicitando que se rocen as silvas que invaden unha das beirarrúas da Avenida da Estación de Padrón. A Av. da Estación é unha vía de gran tránsito peonil de veciños de Padrón (Luáns, Piñeiro, Santa Cruz, A Matanza, Lestido, Vista Alegre....) e de visitantes que desde o casco urbano se desprazan a Casa Museo de Rosalía de Castro ou a estación de tren de Padrón.
Amais das incomodidades e perigo -os peóns teñen que cruzar a estrada ou transitar pola mesma para evitar as silvas- que ocasiona esta situación, a imaxe que deixamos é lamentable.
Para o BNG de Padrón esta situación é un exemplo máis da incapacidade e abandono deste goberno do P.P. de Padrón para atender as cuestións máis sinxelas e elementais as que esta obrigado, porque as silvas non nacen dun día para outro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario