Ordes, 03/08/2016 - A asamblea local do BNG de Ordes , despois da reunión mantida o 2 de agosto de 2016 ás 21:00 h quere manifestar o seguinte:
1º O Bloque Nacionalista Galego non está de acordo coas políticas nefastas para a veciñanza de Ordes que está levando a cabo o Partido Popular. Por iso traballa dentro e fóra das institucións para combatelas e continuará a facelo.
2º En ningún momento existiron negociacións con outras forzas, en concreto UXO, e moito menos acordos sobre unha moción de censura. Só existiu algunha conversa informal e comentarios sen ningunha concreción práctica.
3º O acordo da asamblea local establece como condición para poder sentarse a falar sobre a posibilidade de unha moción de censura en Ordes que se produza a dimisión de Manuel Regos, Silvia Marín e Roberto González debido a que a súa traxectoria política e as súas prácticas regresivas e caciquís nas anteriores lexislaturas fan incompatible a conformación dunha alternativa real de goberno baseado, como exixe o BNG, nunha mudanza de modelo e de prácticas, orientado ao benestar da veciñanza de Ordes e da maioría da poboación, o único que move ó BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario