Mércores 2
11.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo
municipal socialista Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco
Noya, para presentar as Festas da Ascensión. Asisten Iván Ferreiro e Eladio, de
Eladio y los Seres Queridos.
13.15 h
No Parlamento de Galicia,
o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia coa presidenta do
Parlamento, Pilar Rojo.
18.30 h
No CSC das
Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12,
organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.
20.00 h
No CSC do Ensanche,
obradoiro para adultos de guión cinematográfico con Ángel de la Cruz, gañador
de 3 premios Goya, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería
de Centros Socioculturais.
20.00 h
No Teatro
Principal , o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a IX
edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Dentro do
acto inaugural, haberá Cineconcerto coa Bada Municipal de Música que
interpretará música de Antón
Alcalde sobre a proxección de 'The Pawnshop' de Charles Chaplin.
22.30 h
No Teatro
Principal , proxeccións de Curtocircuíto Internacional 1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario