O
Ministerio de Facenda dá luz verde ao Plan de Axuste 2012-2022
presentado polo Concello de Ames
Deste
xeito, o Concello poderá concertar as
operacións de préstamo a longo prazo polo importe das
obligacións
pendentes de pago polas que os proveedores manifestaran a
súa
vontade de acollerse ao procedemento instrumentado no Real
Decreto-Lei 4/2012, do 24 de febreiro.
A
planificación establecida no Plan de Axuste permitirá
equilibrar de
forma progresiva a realidade contable do Concello de
cara a manter o
nivel de prestación dos servizos básicos, programar
inversións nos
próximos dez anos e, en definitiva, estabilizar a
situación
económica.
Ames,
2 de maio de 2012. O
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba valorar
favorablemente o Plan de Axuste 2012-2022 presentado polo
Concello de
Ames. No escrito
remitido
ao Concello, o Ministerio explica que, en consecuencia, esta
entidade
local poderá concertar a operación ou operacións de préstamo a
longo prazo precisas polo importe das obligacións pendentes de
pago
polas que os proveedores manifestaran a súa vontade de acollerse
ao
procedemento instrumentado no Real Decreto-Lei 4/2012, do 24 de
febreiro.
Segundo
destaca Facenda, a concertación destas operacións deberá
aprobarse
dentro dos quince primeiros días naturais de maio de 2012 polo
órgano da Corporación Local que resulte competente, de acordo co
atículo 52 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais,
aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,
tendo en
conta no seu caso, o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril,
Reguladora das Bases de Réxime Local. Neste mesmo acordo de
aprobación deberase concretar a habilitación que proceda para a
formalización das operacións de préstamo mencionadas.
O
Pleno do Concello de Ames aprobou o pasado 29 de marzo o Plan de
Axuste 2012-2022 coa previsión de
sanear as arcas municipais nun prazo previsto de cinco
anos. A
elaboración deste Plan de Axuste veu motivada pola
crítica
situación económica herdada polo actual Goberno
municipal.
A
planificación establecida neste documento permitirá
equilibrar de
forma progresiva a realidade contable do Concello de
cara a manter o
nivel de prestación dos servizos básicos, programar
inversións nos
próximos dez anos e, en definitiva, estabilizar a
situación
económica do Concello.
Na
sesión plenaria do mes de marzo, o Goberno municipal
presentou o
Plan de Axuste como un documento real, que planifica as
liñas
básicas de actuación municipal e garante a solvencia da
institución. De xeito inmediato, o Plan de Axuste
posibilitará
acollerse ao mecanismo de financiamento para o pagamento
aos
provedores das entidades locais habilitado polo Goberno
do Estado a
través do Real Decreto Lei 4/12, de 24 de febreiro. A
aprobación
deste documento fará posible afrontar pagamentos a
provedores por
2.228.813,65 euros, importe que se corresponde coa
relación de 836
facturas, emitidas por 205 provedores con data anterior
ao 1 de
xaneiro de 2012, que o Concello de Ames remitiu ao
Ministerio con
data 15 de marzo.
Medidas
do Plan de Axuste
O
Plan de Axuste recolle ingresos correntes para financiar
os seus
gastos correntes e a amortización das operacións de
endebedamento.
No documento, apóstase pola tendencia a
autofinanciamento de
determinados servizos (educativos, asistenciais e
deportivos) e
corríxense os desequilibrios detectados neles para
garantir a súa
continuidade así como doutras actividades municipais que
poderían
verse comprometidas.
No
capítulo de gastos, o Plan de Axuste recolle a
continuidade das
medidas xa adoptadas no último ano para sanear as arcas
municipais e
que permitiron un aforro duns 670.000 euros. Co
obxectivo de acadar a
maior eficiencia, asegurando a prestación do servizo a
un menor
custo, este ano renegociáronse, por exemplo, os
contratos de
telefonía, os seguros dos vehículos do parque móbil, as
tarifas
eléctricas ou os contratos de extintores e seguridade.
Nesta liña
de traballo, respecto aos custos de persoal queda
establecido que non
se cubrirán as baixas por falecemento ou xubilación,
elimínanse as
partidas de produtividade e redúcense as gratificacións
por horas
extras (compénsanse por xornadas de descanso).
Estudarase ademais a
redución de días de libre disposición e determinarase
que o
disfrute das vacacións nos contratos temporais se
realice antes de
que expire o vínculo co Concello. Do mesmo xeito,
promoverase que o
persoal municipal realice aqueles traballos que estaban
a ser
externalizados e que son susceptibles de ser asumidos
polos
empregados da Administración local dentro das súas
competencias.
Reducirase
ademais a celebración de contratos menores, primando o
requisito do
menor prezo de licitación. O documento aprobado o 29 de
marzo polo
Pleno do Concello establece unha previsión de ingresos a
partir da
revisión de determinados tributos como o imposto sobre
vehículos de
tracción mecánica (actualización anual co IPC) ou o
imposto sobre
construcións, instalacións e obras (incremento do 4% nas
edificacións plurifamiliares, vivendas colectivas ou
promocións de
máis dunha vivenda con efectos de 2013).
O Concello de Ames reforzará a eficacia da recadación executiva e voluntaria e potenciará a inspección tributaria para descubrir feitos impoñibles non gravados. Do mesmo xeito, actualizaranse as taxas pola prestación de servizos e ocupación do dominio público. Así, por primeira vez e como iniciativa pioneira no ámbito municipal, aplicarase a progresividade nos servizos de conciliación ('Bos días cole', 'Tardes divertidas' ou comedores escolares) de tal xeito que, por primeira vez, quen máis ten máis paga ao mesmo tempo que se aumentarán as bonificacións para as familias con menos recursos. Antes do inicio da matrícula nas actividades municipais de ámbito educativo, asistencial e deportivo será o Concello de Ames o que aprobará o número máximo de usuarios e o importe máximo de déficit que pode ser asumido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario