ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO FOTOGRÁFICO
BRIONATURA 2012, CUXA TEMÁTICA DESTE ANO XIRA EN TORNO AOS SENDEIROS DE BRIÓN
2 de maio de 2012.- O Concello de Brión convoca a cuarta edición do
concurso fotográfico Brionatura 2012, unha iniciativa dirixida a poñer en valor
o patrimonio etnográfico do municipio e que nesta ocasión xira en torno a un
tema: os sendeiros de Brión. Unha novidade que se enmarca dentro dun programa
de actividades programadas dentro de Brionatura para os vindeiros meses e que
tamén terá como protagonistas aos sendeiros brioneses.
O concurso está aberto a todos os afeccionados ao mundo da fotografía,
maiores de 18 anos, que poderán presentar ata un máximo de 3 propostas. Os
únicos requisitos son que as fotografías deben estar tomadas nalgún punto da
xeografía de Brión, en formato horizontal e estar relacionadas cos sendeiros
que atravesan o municipio.
O vindeiro 18 de maio remata o prazo de entrega de orixinais, que para
maior comodidade do participante pódense entregar vía e-mail a: concellodebrion@gmail.com,
identificada cun título e cun documento word ou PDF no que conste o nome e
apelidos do autor, enderezo, teléfono, correo electrónico, lugar onde foi tomada
a fotografía e unha breve descrición da mesma.
O xurado seleccionará 12 fotografías, das que sairán os dous gañadores. O
primeiro premio é unha cea, noite de hotel, almorzo e circuito termal no Hotel
Balneario de Compostela para dúas persoas. O segundo clasificado levará unha
cea, noite de hotel e almorzo no Hotel Casa Rosalía para dúas persoas. Os doce
fotografías finalistas recibirán un diploma acreditativo e un abono para a
piscina municipal de Brión cortesía de Aquafit Gestión, que inclúe matrícula e
unha mensualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario