O Goberno central concédelle a Ordes
os 2,7 millóns solicitados en base ao Plan de pago a proveedores
Ordes 02 maio 2012. O
Goberno Central ven de concederlle ao Concello de Ordes o crédito solicitado en
base ó Plan de pago a proovedores, aprobado en Consello de Ministros o pasado 2
de marzo. En total son 2,7 millóns de euros os solicitados e concedidos ó ente
municipal, dos cales 2 millóns corresponden a facturas contabilizadas e non
aprobadas e outros 487.000 € a facturas xa recoñecidas. Dito procedemento foi
aprobado no pleno que tivo lugar o pasado 30 de marzo cos votos a favor do
grupo de Goberno (UXO), PSOE E CIDEGA.
Deste xeito ponse de manifesto o correcto
procedemento e a transparecia empregada neste procedemento tal e como se
establece nas bases reguladoras do plan. Unha boa praxis que xa se especificara
nun informe recentemente realizado polo Interventor municipal ante as críticas
verquidas contra o alcalde da vila, Manuel Regos, ó que acusaban de ocultar
información en relación ás facturas presentadas.
O Real Decreto-ley 4/2012 establece o
inicio normativo do procedemento ideado polo Ministerio de Facenda e
Administracións Públicas. O seu principal obxetivo é intentar solucionar coa
máxima urxencia o grave problema de déficit orzamentario das entidades locais e
a perentoria falta de liquidez das mesmas. Compleméntase co Real Decreto-lei
7/2012, de 9 de marzo, polo que se crea o Fondo para o financiamento dos pagos
a provedores. Establécese así un
préstamo de 35.000 millóns de euros (financiado pola banca e o Instituto de
Crédito Oficial) con dous de carencia e un tipo de interés cercano ó 5 %, dos
que 20.000 millóns serán para cubrir as débedas dos concellos e o resto para as
comunidades.
Según datos do ministerio de Facenda un total de 177.000 proveedores beneficiaranse deste sistema en todo o país. A él acolléronse máis de 4.600 entidades que presentaron un total de 1.932.000 facturas pendentes de cobro por un importe dalgo máis de 9.580 millóns.
Según datos do ministerio de Facenda un total de 177.000 proveedores beneficiaranse deste sistema en todo o país. A él acolléronse máis de 4.600 entidades que presentaron un total de 1.932.000 facturas pendentes de cobro por un importe dalgo máis de 9.580 millóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario