O PSOE de O Pino, demanda o comezo das obras comprometidas para o CPI Camiño de Santiago

O Pino, 17/08/2016 - Os Socialistas de O Pino denuncian, que cando falta menos de un mes para que de comezo o novo curso escolar, as obras comprometidas para o Centro da localidade están sen empezar.
A través desta nota, queren recordarlle, ó Conselleiro, que o pasado 7 de xuño anuncio, en sede parlamentaria, obras en varios centros educativos ao abeiro do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020, entre os cales se encontraba o CPI Camiño de Santiago do Concello de O Pino.

As melloras, anunciadas, para o centro da localidade son; reparación de goteiras, acondicionamento do ximnasio, reparación e pintado da escaleira de emerxencia. Melloras todas elas máis que necesarias e demandadas por toda a comunidade educativa.
Os concelleiros socialistas lamenta, primeiramente, o escaso orzamento por parte da consellería, apenas 31.000€, e que a estas alturas de verán as obras non teñan nin sequera comezado. “Ano tras ano, vemos como aquelas obras previstas para realizar no verán procurando causar os menores trastornos ó alumnado se demoran. Pensamos, que xa que estamos en ano electoral, que algo ía mudar. E xa, tememos o peor, é dicir, que o anunciado se quede nun mero anuncio electoral”.

Por outra banda, recórdanlle o goberno local de Taboada (PP), que a súa obriga é a de colaborar co mantemento do Centro, e que cumpra. “É sabedor das demandas de toda a comunidade educativa, anunciou, na pasada campaña das municipais, unha inversión de máis de un millón de euros no Centro, e non investiu nin o un por cento, menos anuncios e máis feitos. En O Pino, toda a comunidade educativa, demandamos unha educación pública e de calidade. Compre lembrar a problemática que arrastra o Centro anos tras ano, entre outras, a falta do conserxe, recorte no profesorado e a demanda dun ximnasio. Se realmente houbera vontade política parte destes problemas tiñan que estar solucionados”, apuntan.

Ningún comentario: