Intercambio europeo en Vedra

Vedra, 18/08/2016 - “Algo noso 2.0” é o nome do proxecto que está promovendo un intercambio entre 36 xóvenes de Galicia e Portugal; das entidades ACUXUVE de Vedra e AJ Deao de Viana do Castelo; e que ten como finalidade recuperar e promocionar a cultura e as tradicións galegoportuguesas. De igual modo, busca tamén cubrir a necesidade de ofrecer alternativas de ocio á mocidade no seu tempo libre.

Este intercambio que se está a desenvolver entre o 11 e o 20 de agosto, ten como tarefa principal a creación dunha web, baixo o nome de “meuporgal”, donde se recollerá información sobre os xogos populares, oficios, festas e tradicións, música e baile...de ámbolos dous territorios. Para iso están a desenvolver diferentes obradoiros web, de recollida de campo, sobre a propia experiencia do intercambio, de construción de xogos... e realizando unha ampla variedade de actividades complementarias.

Este proxecto da asociación ACUXUVE conta coa colaboración do Concello de Vedra, do C.P.I. de Vedra, da Xunta de Galicia e do Programa Erasmus + da Unión Europea.

Ningún comentario: