Continúa o #feitoaman2016 cunha programación que comeza coa sesión vermut as 13.30 no Curro da Parra e remata cos gatos bizcos en Mazarelos.
A combinación de este mércores trae un pouco de todo e todo de moita calidade.
A Unha e media da tarde no Curro da Parra (terraza La Croquette)
unha das voces femininas do rap galego, a viguesa Wöyza que leva máis de 10 anos colaborando con outros MC e preparando o seu propio traballo.
Xa pola tarde as versións do mellor de moitas década correrá a cargo da Banda de Nash, unha das formacións que máis concertos da ao longo de todo o ano e nos que replica moitas das cancións que lembramos desde pequenos; a cita as sete e media na praza Dos Gatos, xunto ao Paraiso Perdido e a Gramola.
O día rematará en Mazarelos, a partir das nove e media, con dúas formacións cheas de swing, The Coquettos e os Gatos Bizcos.
Unha xornada para desfrutar coa música no #feitoaman2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario