Comeza unha fin de semana chea de actividades no concello de Vedra

Vedra, 19/08/2016 - Unha xornada moi intensa no concello de Vedra a de este venres, conacontos, espantallos ou cine son algunhas das actividades que abren unha fin de semana moi intensa.

Ás 20 h no campo da festa de vedra sesión ... contacontos “contos vellos para rapaces novos” da obra recompilatoria de historias orais de Xosé Neira Vilas

A partires das 20 h no campo da festa do Santiaguiño de Vilanova VII concentración de espantallos ; organizada pola asociación tira e afloxa e na que haberá premios para os tres mellores traballos 

Ás 22 h representación teatral e ao remate a organización convida a chourizos con pan a todas as persoas asistentes. 

Ás 22.30 h no campo da festa do souto (san fins) última sesión de cine de verán do proxecto 4x4x4 da asociación Senunpeso 

Esta vez a obra é: “Schimbare”
Sinopse: Luís e Elvira viaxan a Romanía despois de contactar cunha organización criminal. Un cambio de plan obrígaos a facer unha recollida inesperada: unha nena de oito anos. Daquela terán que tomar a decisión máis difícil das súas vidas. 

2014. Drama
Dirección: Álex Sampayo
Con: Candela Peña, Luís Zahera, Sandra Mocrzycka 
Colabora: Asociación de Veciños de San Fins / Concello de Vedra / A. C. Papaventos 

Ningún comentario: