Hoxe ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “Memoria do 25 de abril: corenta anos despois”, que estará impartida por D. Daniel Lanero Táboas, investigador Ramón y Cajal no departamento de Historia Contemporánea da USC e membro do Grupo de Investigación HISTAGRA .
Daniel Lanero Táboas é Investigador do Programa Ramón y Cajal adscrito ao Grupo de Investigación HISTAGRA e ao Departamento de Hª Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Entre as súas liñas de investigación prioritarias encóntranse a Historia Agraria, a Historia Comparada dos Fascismos español, italiano e portugués ou a Historia Social do mundo rural, cunha especial atención ao franquismo e á transición á democracia en Galicia e España.
Ten realizado estadías de investigación, entre outros centros, no Instituto de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa, no Departamento de Disciplinas Históricas da Universidade de Bolonia, no Cañada Blanch Centre of Spanish Contemporary History da London School of Economics and Political Sicence, no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa ou no King’s College London, onde foi Visiting Fellow. Ten varias publicados varios libros e artigos e participou en numerosos congresos e grupos de investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario