Pacto por Ames retomará a iniciativa da Comisaría da Policía Nacional en vista de que o tripartito e a Delegación do Goberno seguen ninguneando aos máis de 70.000 veciños afectados coas promesas incumpridas unha vez máis.
Os acontecementos do pasado fin de semana onde al menos 5 locais de Milladoiro foron asaltados de novo así como a igrexa de Biduído, demostran unha vez máis que dende o goberno tripartito de Ames e a Sub Delegación do Goberno non se toma en serio a seguridade.
O cuartel da Garda Civil de Milladoiro está máis pechado que nunca e os 6 efectivos prometidos pola Subdelegación do Goberno o 11 de novembro de 2015 nin están nin se esperan, o que provoca que máis de 70.000 veciños de Ames e o seu entorno conten cun máximo dunha patrulla.
Despois de 6 meses dende que o Concello e a Sub delegación do Goberno se comprometeran a repoñer os6 efectivos para o cuartel da Garda Civil, non hai ningunha novidade máis que a continua precariedade no servizo.
Pacto X Ames leva presentando dende hai anos numerosas iniciativas en prol da seguridade, a última o 17 de outubro de 2015 onde se facía unha descrición perfecta de todo o que estaba acontecendo en Ames e nos concello de Teo, Brión, Vedra e Boqueixón cunha poboación acumulada do entorno dos 70.000 habitantes e 365 Km2, unha dispersión xeográfica enorme cos medios claramente insuficiente.
Postos similares aos do concello de Ames como Carballo ou Boiro contan con 50 efectivos, case o dobre que Ames.
As queixas das persoas que teñen os seus negocios no Milladoiro, principalmente, son continuas debido a que a localidade máis poboada de Ames está a sufrir con máis dureza a inseguridade xa que ás escasas solucións ofrecidas hai seis meses, non chegaron nin trazas teñen.
Pacto x Ames tamén quere poñer o acento nas urbanizacións e no rural de Ames que non teñen tampouco uns mínimosrazoables de seguridade porque a boa coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil así como os seus esforzos adicionais, non son suficientes para garantir uns mínimos na seguridade. Esta situación é compartida por todos os estamentos relacionados coa seguridade en círculos reducidos, pero ninguén da un paso para poñerlle remedio, nin Concello nin Delegación do Goberno.
Todas estas cuestións fannos chegar á conclusión de que é necesario e imprescindible a creación dunha Comisaría da Policía Nacional porque Ames cumpre con creces todos os requisitos, tanto por nº de habitantes, como por área de influenza, como por condicións xeográficas, e sobre todo porque o tempo está demostrando que é a única solución viable, máis, tendo en conta que non se cumpre o prometido polo Concello e pola Sub Delegación do Goberno mantendono conxelador todas as promesas e demostrando que á reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada o pasado 11 de novembro do 2015 quédase nun simple medio para saír do paso e como único expoñente propagandístico.
Para máis información:
Tel. 608 255 157
Un cordial saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario